21 xuño 2017

Camiños na auga

Estoy ocupado escribiendo mis entradas de blog. Presta atención a este espacio.
              
O protagonista da novela, chamado Szymo, queda descrito pola letra dunha canción que el mesmo escoita por asualidade e na que se acaba por recoñecer: "Son un negro / a miña pel é branca / e iso gústame / é a diferenza o que é bonito. / Son un branco / o meu sangue é negro / e iso encántame / é a diferenza o que é bonito. / Gustaríame / que nos entendésemos no amor / que nos comprendésemos no amor e na paz. / A vida será fermosa / cadaquén poderá ter o seu amor / a vida será fermosa". 
Todos somos diferentes ou todos somos iguais? Esa é a pregunta sobre a que se artella unha historia que intenta reformular a ficción da "diferenza" contrapoñéndoa á igualdade. Núñez Singala escribe unha novela de iniciación situada na África poscolonial: a peripecia do protagonista, que busca a liberdade e o fai a través dunha viaxe iniciática, é o motivo que se desenvolve e mediante o cal o autor expón unha versión posmoderna da subxectividade, exemplificándoa nun caso de ambigüidade extrema, o dun individuo —Szymo— cuxa identidade contradí as súas características físicas.
Editorial Galaxia


 
Estoy ocupado escribiendo mis entradas de blog. Presta atención a este espacio.

Ningún comentario: