tag:blogger.com,1999:blog-1324743545504859186.post1603407749416486342..comments2023-12-02T13:34:20.651+01:00Comments on Colegas das palabras: Faneca BravaColegas das palabrashttp://www.blogger.com/profile/05332574620899275884noreply@blogger.comBlogger5125tag:blogger.com,1999:blog-1324743545504859186.post-83447097970524299432017-12-20T16:46:09.215+01:002017-12-20T16:46:09.215+01:00Xiana Veiras e Aldara Mojón 1ºBACH-B
Segundo o no...Xiana Veiras e Aldara Mojón 1ºBACH-B
Segundo o noso punto de vista, gustounos e pareceunos un libro moi bo xa que é a realidade e a vida mesma con un fondo que fai que o lector se enganche cada vez que avanza na novela. Tamén trata unha temática que se dá na sociedade actual e conleva a problemas graves coma os abusos sexuais a menores no ámbito familiar, na Igrexa... Por outra banda a hipocresía da sociedade que fai que leve a persoas a situacións moi complicadas como Concha; a protagonista do libro.
É un libro que está moi ben estructurado cunhas partes moi ben definidas nas que o narrador en primeira persoa é Fernando; o curmán de Concha .
Recomendámosllo a calquera persoa xa que vale para calquera idade pero que ten máis influencia nas nosas idades, adolescencia.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1324743545504859186.post-74950291868003610872017-12-20T16:37:19.912+01:002017-12-20T16:37:19.912+01:0055Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1324743545504859186.post-32527827072065066722017-12-17T21:38:20.686+01:002017-12-17T21:38:20.686+01:00Na nosa opinión ,o libro de Faneca Brava é un libr...Na nosa opinión ,o libro de Faneca Brava é un libro que anímate moito a seguir lendoo xa que ten una trama moi interesante e fai que teñas intriga por saber o final,que realmente é o principio.
Ao mesmo tempo é un libro con moitas partes innecesarias e irrelevantes para o desenvolvemento da historia dende o meu punto de vista.
Trata da violencia de sexo entre outros temas,e describe a sociedade dunha época un pouco antiga na que a sociedade ten pensamentos diferentes.
A historia é narrada por Fernando,o curmán de Concha,que acabou descubrindo o verdadeiro pasado escuro da súa familia,Os Pereira,debido a una herdanza.
Gustounos moito,recomendariamolo,sobre todo a xente da nosa idade,adolescencia.
A pesar de ser longo,non aborrece,todo o contrario.Zaira Seara e Andrea Lama 1º BACH-Anoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1324743545504859186.post-80194683041210955212014-05-02T19:54:28.452+02:002014-05-02T19:54:28.452+02:00Na miña opinión, a historia é tan real e intrigant...Na miña opinión, a historia é tan real e intrigante que captou toda a miña atención desde a primeira liña, cando di:"En todas as familias hai unha ovella negra", que para min é unha frase moi boa para comezar unha novela.
A obra tamén logrou que empatizara e autoexplorara. O libro gustoume porque penso que está ben traballada e coidadosamente escrita, porén non a converte nunha lectura difícil, senón fluída e rápida a medida que se van desvelando misterios.
Para terminar, o que si que non me gustou da obra é o final, xa que me pareceu moi previsible, e tiña partes aburridas.Manuel Paradela 1º BACH-Bnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1324743545504859186.post-52081528289164321922014-04-23T17:23:43.570+02:002014-04-23T17:23:43.570+02:00Faneca Brava é, sinceramente, un dos peores libros...Faneca Brava é, sinceramente, un dos peores libros que lin na miña vida. Baixo un argumento e un eixe temático moi interesante, quédome cunha sensación de ver unha boa idea pero mal desenvolta. O resumo da parte de atrás do libro invítate a ler una historia diferente, que anima ao lector a introducirse na vida da prima Concha. Cando comezas a ler, todo cambia. O que realmente interesa é a prima Concha, pero entre os acontecementos máis importantes da vida desta muller hai demasiados puntos mortos narrados por un personaxe aburrido como é Fernando. Isto provoca aburrimento mentres les e incluso desexar pasar esas partes presentes para poder continuar coa vida de Concha.
A idea do clan familiar paréceme boísima, sobre todo situándose en Galicia e en tempos de Franco, nunha época na que a unidade familiar debía manter un respecto e salientar na vila, como cun muro que impida ver todo o escuro que pasa detrás das súas paredes pero sempre intentando ter una fachada chea de honra. Na miña opinión, é una idea mal traballada. Unha historia lenta e cortada tantas veces que incluso parece que lle meten publicidade.

Non me gusta facer unha crítica tan negativa dun libro, pero “Faneca Brava” é unha novela que non recomendaría, e tampouco me parece un libro que poida ser optativo nun instituto porque creo que o obxectivo principal non o cumpriría: aburriría máis que animar a ler. “Faneca Brava” é, en resumo, unha historia mal contada.Carlota M.P 1ºBACH-Anoreply@blogger.com