tag:blogger.com,1999:blog-1324743545504859186.post4691619411525518197..comments2023-12-02T13:34:20.651+01:00Comments on Colegas das palabras: Un dente sen cadáverColegas das palabrashttp://www.blogger.com/profile/05332574620899275884noreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-1324743545504859186.post-39450681115488438542017-12-17T23:03:08.502+01:002017-12-17T23:03:08.502+01:00Un dente sen cadáver é un libro escrito por Miguel...Un dente sen cadáver é un libro escrito por Miguel Anxo Fernández, publicado no 2016.
o que chama a atención neste libro é a maneira de contar a historia, xa que a meirande parte do libro son diálogos, o que desaproveita a descrición que Frank Soutelo podería facer dos ambientes, das personalidades,... e está narrado con verbos en pasado, o que non me gusta xa que cara ao final do libro, non poderá seguir usando está técnica e pasará a narrar en terceira persoa e con outra persoaxe, o que me parece unha solución desesperada.
É interesante observar como o autor trata temas como a explotación e a violencia de xénero con tanta naturalidade, como se fose algo habitual no seu día a día, algo que outros autores serían incapaces de facer.
a linguaxe empregada resulta fácil de comprender, xa que usa unha linguaxe popular, áinda que en moitos casos úsaa con demasiada rudeza, chegando a resultar desagradable.
O que máis me disgustou foi o uso excesivo de entradas de diálogo con puntos suspensivos, o que considero un recurso moi pobre na escrita.
A pesar disto, o libro é un bó exemplo de Novela Negra, cunha trama interesante, e cunha boa resolución do caso, logrando manter o misterio ata o final.Antía López Uchanoreply@blogger.com