tag:blogger.com,1999:blog-1324743545504859186.comments2023-12-02T13:34:20.651+01:00Colegas das palabrasColegas das palabrashttp://www.blogger.com/profile/05332574620899275884noreply@blogger.comBlogger528125tag:blogger.com,1999:blog-1324743545504859186.post-20308063997174452512023-12-02T13:34:20.651+01:002023-12-02T13:34:20.651+01:00Non hai quen as pare, que forza para derribar teit...Non hai quen as pare, que forza para derribar teitos, de cristal chamados.
Que bo facer neses traballos mimados con arrolo de respecto e intelixenciaAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1324743545504859186.post-89677270863210651152022-12-06T13:00:30.046+01:002022-12-06T13:00:30.046+01:00Encantóume o libro é moi entretido aínda que só se...Encantóume o libro é moi entretido aínda que só se che gusta o misterio as fazañas medievais e as historias de cabaleiros.
Aínda que ten un vocabulario peculiar e un pouco difícil de entender , se segues a historia acabas interpretandoo moi ben.
Sara A.noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1324743545504859186.post-9643892660084074392022-12-04T12:08:57.046+01:002022-12-04T12:08:57.046+01:00Ana Pau Rios dixo...
Cando collín o libro para lel...Ana Pau Rios dixo...
Cando collín o libro para lelo pensei que sería aburrido, teño que admitir que a portada non me seducía moito. A medida que ía lendo íame enganchando un pouquiño máis, creábame intriga, tiña que seguer lendo para averigüar o desenlace do asasinato.
É verdade que hai moitas personaxes e precisas ter ao teu carón un lapis e un papel, xa que se non as vas apuntando faise un pouco lioso.
Detrás do que é a historia/relato conta un acontecemento histórico datado da Idade Media.
Recomendo o loibro, lese rápido e, aínda que as portadas non nos transmitan moito, nada é o que asemella. Dádelle unha oprtunidade ás historias "non coñecidas".Anahttps://www.blogger.com/profile/06051578390458365645noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1324743545504859186.post-70595454514849972342022-12-03T12:15:03.980+01:002022-12-03T12:15:03.980+01:00A obra é unha historia centrada tanto no aspecto l...A obra é unha historia centrada tanto no aspecto literario como no histórico, en parte tamén é de intriga ambientada no S.XIII da Idade Media.
O máis destacado da obra é como vas descubrindo cortos segredos dos personaxes que te deixan abraiada.
A traa principal pola que se rexe o relato é unha viaxe que fan un grupo de trobadores e xograres, os cales interpretan obras de teatro, cantan cantigas... Xunto con outra historia, a cal está enlazada coa dos trobadores e xograres mediante unha das protagonistas. Esta historia recrea aspectos do contexto da época: enfrontamento de poderes laicos e eclesiásticos, o poder da Inquisición, o gusto polos temas ocultos...
Na miña opinión o único negativo que vexo neste libro é que a segunda historia (na que o protagonista intenta conseguir un libro moi importante para el e suceden diversas cousas que relacionan ambas historias) é máis difícil de entender, pero aínda así, a medida que vas lendo, sabes a que feitos se refere.
Entre os aspectos positivos destaco que é moi doada de ler, o fío da historia é moi interesante e manten o interese para seguir lendo ( o libro ademais non é demasiado longo).
Por último, tamén transmite, a min polo menos, un sentimento de angustia por saber o que sucede e de impresión por ver como remata todo.

Salomé.Saloménoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1324743545504859186.post-3583748238181749002022-11-22T23:15:50.972+01:002022-11-22T23:15:50.972+01:00Sansón Troleyro é un libro bastante bo, persoalmen...Sansón Troleyro é un libro bastante bo, persoalmente gustoume.
Non é moi pesado de ler, apenas son trescentas páxinas.
O libro divídese en tres partes, cada unha conta etapas moi diferentes da vida de Sansón, o protagonista. É un rapaz que quere estudar medicina e ser aceptado nela, para iso ten que pasar por un exame de sangue pura. En cambio, no rexistro familiar encontran as iniciais dunha antepasada súa acusada de ser meiga.
Isto, arredor do ano 1600, estaba moi mal visto e penalizado.
É interesante ler todos os capítulos, aínda que é certo que contén moitas personaxes e moitos topónimos, pero é o que lle da o toque.
Se puidera volver a pasado e ter outra opción para ler máis libros, probablemente escollería outro, pero se ti xa o escolliches, goza lendo.Paula Pnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1324743545504859186.post-8875753395390153592022-11-19T14:05:13.354+01:002022-11-19T14:05:13.354+01:00Este libro gustoume moito porque narra o paso da i...Este libro gustoume moito porque narra o paso da infancia á adolescencia, tamén porque dá a entender que se padeces unha enfermidade resultará máis levadeira se a levas con positividade e te entretés realizando algunhas actividades creativas.
Despois de pasar dous meses enferma na cama, Branca dáse conta do importante que son algunhas cousas ; e ve o mundo doutra maneira. Recomendo este libro a todo o mundo, porque todos se deberían decatar de que non é malo cambiar, nin pasar da infancia á adolescencia, pero hai que vivir cada etapa no seu momento.U.C.Fnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1324743545504859186.post-6365606358760210712022-11-17T16:27:18.741+01:002022-11-17T16:27:18.741+01:00Cándido Branco e o Cabaleiro Negro é un libro inte...Cándido Branco e o Cabaleiro Negro é un libro interesante, desenvolve unha relación entre personaxes e trama moi interesante e ben cohesionada. A historia desenvólvese na Idade media, aparecen torneos entre cabaleiros; hai certos persoaxes que evolucionan no paso do libro e grazas a compañía doutros personaxes, como a Raíña do mar, Cándido, etc.
Gústame que en cada capíyulo ocorran aventuras diferentes e novan ás anteriores, pero chega a un punto no que os capítulos facíanse repetitivos e similares. Foi o único que non me acabou de gustar do libro. Ten un final inesperado, aberto para que imaxines e penses o que poida pasar.
O libro, en xeral, é sinxelo de ler, compréndese ben e, ademais, é moi entretido. Entre os diversos personaxes, o protagonista Cándido, desenvolve dende o principio un carácter pacífico, aventureiro e animado, complementando así o caráter do oiutro persoaxe principal, o Cabaleiro Negro. Os dous adquiren confianza entre eles e créase un vínculo especial.

Durante todo o libro os dous protagonizan aventuras xuntos e afianzas máis o vínculo creado, conseguen logros xuntos e os dous seguen coa súa amizade ao final do libro.

Gustoume bastante, o desenvolvemente, os diferentes personaxes que aparecen, os lugares nos que se desenvolven, a orde que segue, etc.
En conclusión, un libro entretido e fascinante que
Claudia 1 bach- Ahttps://www.blogger.com/profile/12940389919989221878noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1324743545504859186.post-8518548485175170162022-11-17T12:24:37.627+01:002022-11-17T12:24:37.627+01:00Sincéramente, esperábame máis do libro, aínda que ...Sincéramente, esperábame máis do libro, aínda que ten partes interesantes, como cando atopan a Ínsua, cando fan negocios coa raiña do mar...
O fina é interesanmte e entretido, ademais de aberto.
Inventando un final para el, escribiría sobre as viaxes dos protagonistas a outro lugar, tras o sucedido. Falaría sobre a vida que terían cando o cabaleiro enevellecera e que farían Cándido o resto da súa vida adulta.

Elena 1ºAnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1324743545504859186.post-89906172056296724602022-11-15T16:29:26.394+01:002022-11-15T16:29:26.394+01:00Yanely 1 bach.
Primeiro creo necesario facervos un...Yanely 1 bach.
Primeiro creo necesario facervos un pequeno resumo da obra para que entendades algo sobre a miña opinión,, que direi ao final.
O protagonista é Morgún, un rapaz encontrado por un pai e dous fillos que pescaban nos arredores do castro de Barbaña. Despois de pensalo, xa que estaban nunha época na que as supersticións y as profecías tiñan moita importancia, decidiron levalo a súa casa e tratérono como un fillo máis. Este rapaz tiña un destino escrit, pois era a reencarnación dun rei que foi asasinado polo seu propio fillo. Neste relato hai seres máxicos e saltos temporais, non vos vou contar máis porque senón, desvelaríabos cousas moi interesantes que se vos interesa tedes que lelo.
Respecto a miña opinión sobre o relato pareceume realmente entretido e fácil de ler, tamén é certo que como hai reencarnacións dos personaxes, moitos nomes, cambio de narrador e saltos temporais podes liarte algo pero se o les con calma e auntas os nomes ou fas unha árbore xenealoxica é doado de entender. Sinceramente, recomendo este libro.Yanelynoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1324743545504859186.post-36162664310451356242022-11-10T12:19:03.323+01:002022-11-10T12:19:03.323+01:00Encantoume o libro, fasicinante. Recoméndoo ler.Encantoume o libro, fasicinante. Recoméndoo ler.Claudia 1 bach- Ahttps://www.blogger.com/profile/12940389919989221878noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1324743545504859186.post-30180457651285145812021-04-17T11:34:00.802+02:002021-04-17T11:34:00.802+02:00O grupo é un libro que trata sobre os problemas du...O grupo é un libro que trata sobre os problemas duns rapaces que se reúnen nunha sala cunha psicóloga para tratar de resolvelos.
É un libro que fai reflexionar sobre se os teus problemas son tan graves como pensas e a non xulgar a ninguén sen antes coñecelas ben a fondo.É non só iso senón que ademais faiche poñer en dúbida que é o normal nunha sociedade.
Recomendo moito esta obra sobre todo a quelas persoas inseguras de si mesmas ou que se sinten desprazadas polos demais.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1324743545504859186.post-49847115840999439782021-03-23T20:16:31.840+01:002021-03-23T20:16:31.840+01:00Este libro simplemente...encántoume!
Trata as his...Este libro simplemente...encántoume!
Trata as historias de cinco rapaces que se xuntan para falar dos seus problemas e manifestar a súa escura e triste realidade.
Todos teñen un pasado difícil ou un presente complexo e neste grupo, a través das accións dunha asistenta social, intentan desafogar o seu desacougo.
Foi unha experiencia fantástica e sentinme identificada con algún personaxe.
Recoméndoo a todo o mundo independientemente da súa idade.
Foi un dos mellores libros que tiven a oportunidade de ler.
Aquí vos deixo un anaco dos momentos que máis me gustaron:
“O certo é que nos avisaron ben cando entramos no colectivo LGTBI hai un par de meses.
Xa nos previron de certa xente, non toda, pero aínda moita, que segue a relacionarnos con termos caducos”

Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1324743545504859186.post-41547400517464227602021-02-20T15:55:19.551+01:002021-02-20T15:55:19.551+01:00O lapis do carpinteiro é unha novela de Manuel Riv...O lapis do carpinteiro é unha novela de Manuel Rivas publicada en 1998.Conta a vida do doutor Daniel Da Barca, centrándose na época que estivo na cárcere, durante a preguerra. A historia, na súa maioría, cóntase a través dunha conversa entre Herbal, personaxe con gran importancia na novela, e María da Visitaçión. Ademais de como transcorre a vida do doutor, fala do seu romance con Marisa Mallo, a enfermidade de Herbal e a razón pola que este odia ao doutor, as historias doutros presos, etc.
O lapis do carpinteiro é un libro que recomendo, a pesar do difícil que resulta lelo polos saltos temporais. Gustoume porque reflicte moitos aspectos da realidade da época da Guerra Civil en España, por exemplo, como as mulleres dos presos teñen que ir velos dende a distancia.Alicia Rguez López (4ºA)noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1324743545504859186.post-85094801825751520222021-02-17T13:04:37.130+01:002021-02-17T13:04:37.130+01:00Miguel é un rapaz que ten que ir á aldea dos seus ...Miguel é un rapaz que ten que ir á aldea dos seus avós, Duarte e Tareixa, para estudar todo o verán. Para el iso é un castigo porque é un rapaz de cidade e non quería deixar Ferrol para ir á aldea. Ao final acaba pasándoo ben, grazas ás historias de Leonel e tamén grazas a Ana, unha rapaza moi simpática coa que pasará todo un verán cheo de aventuras. Pásao tan ben que por Nadal quere volver para poder reconstruír a cabana que fixera o seu avó.
Gustoume este libro. Gustoume como o avó xogaba co rapaz coas historias do Leonel. Foi unha estratexia para que Miguel non o pasase mal e que estivese entretido.

Nerea Oliveira Parafita 4A. Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1324743545504859186.post-11008591621596052182021-01-20T20:35:44.900+01:002021-01-20T20:35:44.900+01:00Esta obra de Ledicia Costas é unha desas historias...Esta obra de Ledicia Costas é unha desas historias que te engancha dende un principio e que non te solta ata que chegas ata o final dos acontecementos. Nela nárranse os pasos que vai seguindo Emma dende que chega a Merlo e empeza a traballar como profesora de Dereito Penal ata que se descobre da man de Lucas (un policía de Merlo, fillo do Inspector) o que ocorreu 25 anos antes nunha casa abandonada que hai na aldea.
Persoalmente, gustoume bastante ler esta obra porque me mantivo sempre expectante do que ía pasando e con ganas de saber como continuaba o fío dos acontecementos.
Ademais creo que é un libro moi recomendable para a xente á que lle gusten as novelas policíacas xa que a temática principal desta é a investigación duns crimes que sucederon no pasado.
Por último, desta obra gustaríame destacar as descricións que fai dos ambientes nos que se desenvolve a historia porque segundo vas lendo podes imaxinar case á perfección como son os escenarios nos que están ocorrendo cada un dos acontecementos.
Paula Patonoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1324743545504859186.post-51261091695145931072020-12-21T23:29:11.389+01:002020-12-21T23:29:11.389+01:00A Sombra Descalza trátase dunha novela que xira en...A Sombra Descalza trátase dunha novela que xira entorno a unha investigación realizada por unha moza. Esta historia atópase ambientada en dúas épocas diferentes: a dos anos oitenta e a da guerra e posguerra civil.

A nosa protagonista, Elsa, vive rodeada dunha familia que agocha varios segredos encadeados ao pasado das mulleres da casa.
Tras cumprir os dezaseis anos, seu pai ábrelle as portas para coñecer un dos misterios que máis lle chama a atención. A pesar diso, ela non queda conforme e comeza a indagar, atopando distintas pistas e axudándose das palabras das súas achegadas, para, finalmente, destapar os máis escuros e inesperados segredos.

Na miña opinión, estamos ante unha novela moi interesante, que abarca certos problemas relacionados coa Guerra Civil, así como conflitos intrafamiliares que se daban comunmente en épocas pasadas, e que perduran até os nosos días.
Todo isto é tratado dun xeito entretido, creando intriga ao remate de cada capítulo e facendo quedar ao lector con ganas de saber que pasará no seguinte.

En conclusión, recomendo moito este título debido a que é moi sinxelo de ler e móstranos unha imaxe de como era a sociedade naquela época.Antía S. 1ºBnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1324743545504859186.post-53313971356906211082020-12-20T00:28:19.379+01:002020-12-20T00:28:19.379+01:00Unha das mellores narrativas policiais en galego. ...Unha das mellores narrativas policiais en galego. O libro absorbeume dende o comenzo xa que me deixaba coa intriga cada vez que pechaba o libro e presentaba unha linguaxe sinxela. Pese a iso, a historia goza dunha gran complexidade, a raíz do elaborado que é o deseño do crime, por non nomear a súa orixinalidade. En canto os personaxes, Leo Caldas e Rafael Estévez forman un espléndido dúo debido a que o inspector é a parte seria e sensata, mentres que o segundo aporta o humor á historia. Cabe resaltar a descripción que se fai dos galegos a través de Estévez, así, dende o seu punto de vista zaragozano, contestamos ás preguntas a medias sen unha resposta fixa (sempre cun "depende). Por outra banda, o autor realiza unha moi boa descripción da cidade de Vigo, dános a impresión de estar nas súas rúas, cafeterías e praias. Para rematar, outro aspecto para min destacábel é como o autor ambienta a escena incorporando as letras de jazz que están na historia a soar.Sergio Gonzáleznoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1324743545504859186.post-9606903770762032542020-12-05T19:11:25.595+01:002020-12-05T19:11:25.595+01:00Este libro trata a historia dunha rapaza que prese...Este libro trata a historia dunha rapaza que presenciou no seu instituto un caso de bullying.
Viviuno de primeira man, xa que, ela mesma se considera unha acosadora pasiva. Admite que participou nun acoso prolongado que mudou por completo a vida doutra compañeira completamente inocente.
Recomendovos a todas e todos que leades este libro ,porque vos fará recapacitar sobre algunhas das vosas actitudes no voso día a día. A min,polo menos, fixóme reflexionar .
Este libro encantóume . Dinme conta das veces que inconscientemente, deixamos pasar pequenas intención de acoso.Das veces que pensamos que iso non é nada , considerámolo algo secundario , pero equvocámonos , iso simplemente é o comezo de algo moito peor.
Estou segura de que , despois de ler este libro, moitas y moitos reflexionaredes.

Belén Rodríguez Barrosa
4 ESO BAnonymoushttps://www.blogger.com/profile/00675478559453027575noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1324743545504859186.post-57390012169279911542020-10-26T10:52:17.605+01:002020-10-26T10:52:17.605+01:00Grazas por poñelo :)
Así a xente pode coñecer gru...Grazas por poñelo :)

Así a xente pode coñecer grupos que defenden o nóso.Lucanoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1324743545504859186.post-38976423350064010592020-10-22T21:32:31.003+02:002020-10-22T21:32:31.003+02:00Moi ben.
vou facer unha etiqueta coas vosas recome...Moi ben.
vou facer unha etiqueta coas vosas recomendacións!
hahahah!
Xnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1324743545504859186.post-86786390686286587112020-10-13T17:53:49.774+02:002020-10-13T17:53:49.774+02:00Escoitei esta canción porque fai referencia ao lib...Escoitei esta canción porque fai referencia ao libro "Anagnórise", de María Victoria Moreno, e pareceume unha boa forma de homenaxear tanto á novela como á autora.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1324743545504859186.post-1399496898473251662020-10-13T17:50:41.111+02:002020-10-13T17:50:41.111+02:00Gustoume por 2 motivos: o primeiro é que está cont...Gustoume por 2 motivos: o primeiro é que está contado dende o punto de vista dun traballador de peaxes, algo que é bastante inusual. O segundo, que o autor non fixo unha trama continua, senón que escribe o libro fragmentado, sen unha cohesión aparente entre os viaxantes que pasan pola peaxe (aos cales o protagonista analiza segundo o coche que utilizan, a música que levan posta na radio e as conversacións que escoita).
é un libro bastante curioso, curto e fácil de ler. Está adaptado a todos os públicos, pero eu recomendaríallo a aquelas persoas ás que lles guste a música dos setenta, oitenta e noventa, xa que entenderán o libro máis profundamente. Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1324743545504859186.post-38997357223950408162020-10-01T20:38:56.106+02:002020-10-01T20:38:56.106+02:00Ola Xela, vou deixar os enlaces das cancións.
Fer...Ola Xela, vou deixar os enlaces das cancións.

Ferti món:
https://youtu.be/KDS0pUYezQo
Pero que ghalo é:
https://youtu.be/4dmYZAm38Y0Luca 3Bnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1324743545504859186.post-25723866440337480622020-08-18T21:21:44.605+02:002020-08-18T21:21:44.605+02:00Ola Maxi!
Branca de Loboso podémola clasificar com...Ola Maxi!
Branca de Loboso podémola clasificar como unha novela histórica dentro da narrativa galega. (A narrativa de noso e da nosa historia). Se buscas información desta clasificación atoparás distintas opinións, entre elas a de quen diferenza entre novela realista-social e histórica.
Tomando prestadas opinións do propio autor, Rábade Paredes ou do profesor Manuel Quintás Suárez ou de Begoña Caamaño entre outrs, unha novela non é histórica polo só feito de recrear acontecementos ou ambientes históricos senón que na recuperación da memoria das colectividades que non puideron contar a súa historia axudan a entender o presente facendo evidente a súa actualidade en referentes específicos do noso propio contexto cultural, social, relixioso ou político.
Os feitos que se contan, personaxes, etc. están ficcionados polo autor a través dos seus narradores (é unha novela non unha crónica ou documento histórico)pero seguramente un dos seus obxectivos sexa pór de relevo, actualizar, unha verdade que o pasado nos oculta.
O propio autor opinab: Branca de Loboso é unha novela histórica de orientación barroca, pero sobre todo é a novela da dignidade humana.

Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1324743545504859186.post-54518651553469790892020-05-11T11:48:58.983+02:002020-05-11T11:48:58.983+02:00Unha pregunta tonta... está baseada en feitos reai...Unha pregunta tonta... está baseada en feitos reais ou é todo maxinación do autor?
Maxi_rei@hotmail.commaxi rei.https://www.blogger.com/profile/00149064138629272132noreply@blogger.com