tag:blogger.com,1999:blog-1324743545504859186.post1758289137004875920..comments2023-12-02T13:34:20.651+01:00Comments on Colegas das palabras: Miss OurenseColegas das palabrashttp://www.blogger.com/profile/05332574620899275884noreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-1324743545504859186.post-46920651652042493052016-06-12T11:38:43.821+02:002016-06-12T11:38:43.821+02:00É unha novela que me sorprendeu enormemente desde ...É unha novela que me sorprendeu enormemente desde o primeiro momento. O feito de atopar a historia de Sindo Nespereira, un inspector de policía que se enfronta a catro casos diferentes, chamoume moito a atención, pois, ao ler o título, pensaba que ía encontrar un relato relacionado con algún concurso de beleza na cidade.<br />Paréceme que a intención do autor, Bieito Iglesias, era a de acabar co estereotipo do policía perfecto, cunha vida organizada e exemplar, que o resto da cidadanía debería imitar. Mais o certo é que, a pesar da maneira de ser do protagonista e da súa complicada vida sentimental, sempre acaba resolvendo os casos que se lle presentan, aínda que, ás veces, as súas maneiras de actuar non sexan as máis recomendables.<br />O que máis me gustou deste libro foi que case toda a historia transcorre en Ourense e nos seus arredores, algo que me facilitou a localización dos lugares nos que ocorre cada suceso. Como describe a cidade dos anos 80, hai cousas que son diferentes e que foron cambiando cos anos, pero os nomes das rúas seguen sendo os mesmos. Ademais, fálase de certos acontecementos, como as festas da Ponte, que aínda son coñecidas hoxe en día.<br />A historia é interesante, pois os catro casos do inspector son moi entretidos e é difícil imaxinar cal pode ser a conclusión de cada un deles, o que fai imposible deixar a lectura ata que o descobres. Porén, esa resolución é o que menos me gusta da novela, xa que o autor dedícalle pouco tempo. Na miña opinión, despois dunha presentación do caso tan longa e dunha trama extensa, todos os finais son moi precipitados e non quedan nada claros.<br />Sandra Caiña López (1º BAC A)noreply@blogger.com