tag:blogger.com,1999:blog-1324743545504859186.post3903346725368230908..comments2023-12-02T13:34:20.651+01:00Comments on Colegas das palabras: O Gran ReinoColegas das palabrashttp://www.blogger.com/profile/05332574620899275884noreply@blogger.comBlogger2125tag:blogger.com,1999:blog-1324743545504859186.post-44315455110114770972018-03-16T13:04:33.258+01:002018-03-16T13:04:33.258+01:00
Este libro, escrito por Eduardo Santiago,protagon...
Este libro, escrito por Eduardo Santiago,protagonízao unha rapaza do máis manipuladora.Paréceme que o autor,otorgoulle esta capacidade á protagonista para demostrar que unha única persoa,pode chegar a controlar a un grupo ao seu antollo,neste caso,unha rapaza de pouca idade.O autor expón á protagonista como modelo do que non debería ser nin facer unha rapaza adolescente.O tema da anorexia trátase como o tema principal deste libro e os lectores podemos poñernos na pel dos pais da protagonista,que mostran unha lamentable situación ante a saúde da sua filla,como a nai ten que encargarse das visitas ao psicólogo e como o pai deixa a súa muller realizar todo isto soa.O máis sorprendente e que podemos introducirnos na pel da protagonista,e moito máis alá,ata na súa mente debido á omnisciencia do narrador.Podemos apreciar como unha fantasía nacida na mente dunha rapaza de oito anos,pode chegar a causar un problema alimenticio do máis grave.Todos estes puntos anteriores,son as características que máis me gustaron desta intrépida obra.Os puntos que menos me atraeron son as escenas de fantasía,nos que a protagonista adentrábase ao mundo creado por ela mesma,xa que estes capítulos eran demasiado longos para o pouco que interviñan na historia principal.Ademais tampouco foi un moi bo final,xa que no momento no que a psicóloga descobre o problema da nosa protagonista Gala,non o dá a saber no libro,e polo tanto,deixa aos lectores cunha intriga que non poderemos resolver,pola ausencia do segundo libro...
Conclusión:Gustoume moito o libro,xa que comentaba temas dos que non teño coñecemento nin experiencia,e observar como pode ser a situación dos pais e da protagonista,dá moito tema para reflexionar.Non me gustaron os fragmentos de fantasía nin ese final aberto,sen que poidamos coñecer o final que terá Gala e se a súa situación mellorará ou irá a peor.

Yasmina 1ºBnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1324743545504859186.post-59113780285628303362015-03-04T18:50:21.535+01:002015-03-04T18:50:21.535+01:00Este libro está agora na lista das miñas lecturas ...Este libro está agora na lista das miñas lecturas favoritas.
A historia enganchoume dende o primeiro momento e deixoume enfeitizada.A miña opinión é moi boa,pois este libro mestura ciencia-ficción e problemas adolescentes dun xeito fantástico.
Ao comezo parecía unha historia demasiado prolixa,pero gustoume tanto que o rematei nun suspiro.
Non me aburriu en ningún momento,senón que me mantiña con moita curiosidade o saber que lle pasaría a Gala e ás súas compañeiras de habitación.
Recoméndoo sen ningunha dúbida.Noelia Crespo-1ºBach Bnoreply@blogger.com