tag:blogger.com,1999:blog-1324743545504859186.post7086353600853552759..comments2023-12-02T13:34:20.651+01:00Comments on Colegas das palabras: Ollos de augaColegas das palabrashttp://www.blogger.com/profile/05332574620899275884noreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-1324743545504859186.post-53313971356906211082020-12-20T00:28:19.379+01:002020-12-20T00:28:19.379+01:00Unha das mellores narrativas policiais en galego. ...Unha das mellores narrativas policiais en galego. O libro absorbeume dende o comenzo xa que me deixaba coa intriga cada vez que pechaba o libro e presentaba unha linguaxe sinxela. Pese a iso, a historia goza dunha gran complexidade, a raíz do elaborado que é o deseño do crime, por non nomear a súa orixinalidade. En canto os personaxes, Leo Caldas e Rafael Estévez forman un espléndido dúo debido a que o inspector é a parte seria e sensata, mentres que o segundo aporta o humor á historia. Cabe resaltar a descripción que se fai dos galegos a través de Estévez, así, dende o seu punto de vista zaragozano, contestamos ás preguntas a medias sen unha resposta fixa (sempre cun "depende). Por outra banda, o autor realiza unha moi boa descripción da cidade de Vigo, dános a impresión de estar nas súas rúas, cafeterías e praias. Para rematar, outro aspecto para min destacábel é como o autor ambienta a escena incorporando as letras de jazz que están na historia a soar.Sergio Gonzáleznoreply@blogger.com