14 febreiro 2008

DÍA DO AMOR

14 DE FEBREIRO. Amor fronte violencia, tristeza, engano...

Toma esta chave.
Abre os meus beizos

peto non raches
o meu silencio.

Abre os meus labios,

tes moito tempo.
Ti ben coñeces
a voz do vento.

Faino con calma.
faino con xeito.
Quero vivir
nun beixo eterno.
Antonio García Teijeiro.


Frechas de amor lanza o arqueiro
no asalto amoroso
cupido da estratexia.
Inicia presto unha persecución.
Colle a amante por sorpresa
-abandonado locus ameno-
cunha flamante mirada
déixaa abrasada de amor.
Lanza unha frecha certeira
que a fere no corazón.
Aguerrido na conquista
firme na loita de
amor
entra en combate
amoroso
corpo a corpo.
Rolan
galgan
nun ceremonial de sangue
e paixón.
Prisioneira
demasiada amante
cede en éxtase
e cae rendida de amor.
Crava o puñal
ritual de amor e morte
arte de guerra.
Inspiración de Clausewich.
María Xosé Queizán

A estas alturas nada colle nun poema,
todo semella tan acho

que soborda
a cousa ruín dunha palabra.
A estas alturas
nada colle nun poema porque desencadeas,
amor
,
a vida aberta fóra do papel.
Daniel Salgado



Quérote como as chourizas
ben feitas,
docemente
pero cun aquel de picante.
Raúl Gómez Pato

Ningún comentario: