21 xaneiro 2008

FINALIDADES

Fomentar o pracer coa lectura: compartir gustos, opinións, sentimentos… desenvolver a imaxinación e a capacidade reflexiva crítica… con alumnado da mesma idade e tamén de distinta.
Fomentar a toma de decisións: elixir por si mesmos (ás veces partindo de propostas).
Elevar o nivel de comprensión-expresión oral e escrita.
Ler de forma eficaz distintos formatos con intencións múltiples.
Acercarnos á tradición oral para aprender a contar e optimizar técnicas.
Acercarnos ao panorama actual literario a través dos libros ou de internet( sen esquecer ningún xénero).
Utilizar outras expresións para narrar: expresión dramática, icónica, musical…
Optimizar os recursos da nosa biblioteca e “contaxiar” ao resto do alumnado e comunidade escolar as nosas experiencias.
Valorar o intercambio e respecto de escollas diferentes como parte do enriquecemento persoal.
Contactar con outros Clubs de lectura.
Crear un blog do noso club.

Ningún comentario: