21 outubro 2008

As lágrimas de Shiva.

Todo comezou cun enigma: o misterio dun obxecto moi valioso que estivo perdido durante sete décadas: as Lágrimas de Shiva. Será Xavier e a súa curmán Violeta os encargados de resolver este enigma xusto cando o home pisa a lúa...

Autor: César Mallorquí.

4 comentarios:

Cristina E.G. dixo...

A obra é interesante, o argumento é bo dende o principio, axuda a resolver un misterio, é intrigante porque ata o final non se resolve o misterio e "engancha" ao lect@r. É dicir, ten uns aspectos fundamentais para que me guste unha novela.
Aconsello lela.

Beatriz E. R. dixo...

É un libro que lle gustará ás persoas amantes da intriga, o misterio mesturado cunha historia de amor. A min parece que os enganchará desde a primeira páxina como o fixo comigo. Fala da relación que vai tendo un rapaz coa súa curmá nun verán que pasan xuntos, ademais sucederanlle moitas cousas: intentarán buscar "as lagrimas de shiva" para arranxar a inimizade entre dúas familias,...

Borja dixo...

Un libro moi interesante dende o principio. A pesar de que eu non son moi fanático á lectura, este libro conseguiu que lese as súas 230 páxinas jaja.
recomendo ler este libriño.
saúdos.

Anxo dixo...

Este é un dos libros que máis me enganchou, aínda que non sexa o tema habitual que eu leo normalmente.
Gustoume especialmente a mistura entre o misterio da pantasma e a vida que fai o protagonista durante o verán xunto coas súas curmás e os seus tíos e as experiencias que vive o rapaz ao longo da historia.
En resumo,gustoume moito e recomendaríallo a calquera persoa que lle guste ler.