21 outubro 2008

Rúa Carbón

Paula ten tres avoas, dúas en Donostia e a outra en Vigo. A punto de cumprir os dezasete anos, Maite, a súa nai, contaralle que Iñaki, o seu pai biolóxico, foi coma ela mesma, militante de ETA político-militar e morreu, antes que Paula nacera, cando colocaba un coche bomba. O desvelamento deste segredo e as vacacións que pasará en Euskadi na casa das avoas Edurne e Nekane provocarán na vida de Paula unha conmoción tremenda e un nó moi difícil de desennovelar. Velaí o comezo da trama argumental de Rúa Carbón, a novela na que Marilar Aleixandre propón a procura do pai como eixo do problemático tránsito dunha adolescente á madurez. Unha narración valente, onde o conflito político vasco funciona como teón de fondo, sobre a procura complexa das identidades individuais e colectivas.

Autora: Marilar Aleixandre. Ed. Xerais, Col. Fóra de Xogo.

8 comentarios:

MARTIN F.F. dixo...

Na miña opinión, o texto mantén a intriga do camiño que vai elixir Paula despois de pescudar a información precisa para saber como foi a vida de seu pai. E se quere seguir o camiño de seus pais, cando eran novos, ou non. O texto é intrigante porque favorece a que nos identifiquemos cos feitos ocorridos, xa que ETA é un dos temas que, por desgraza, máis se trata na sociedade actual.

eva g.c. dixo...

eva g.c.
Rúa Carbón é unha obra escrita por Marilar Aleixandre.
É unha obra interesante e entretida, eu nunca lera unha obra deste estilo.
Nun momento da obra presente e pasado mistúrase. Nai e filla repiten case a mesma historia, pero afortunadamente a da filla, Paula, acaba mellor que a da súa nai Maite.
Nesta obra trátase un tema que ten moita importancia nos tempos actuais a ETA.
Penso que a situación á que se enfrenta Paula non é doada. Descubrir que o teu pai pertencía a un organismo dese estilo e ademais morreu colocando un explosivo.
Opinión persoal recoméndoa.

María dixo...

É un libro que non me gustou porque mestura a lentitude co aburrimento.
Ademais creo que é un libro que necesita un final e a súa ausencia decepcionoume totalmente.
Contén moitos textos de periodicos que son aburridísimos lelos xa que despois a protagonista comenta o que pon neles.

Sus R. dixo...

Gocei desta obra o ano pasado, no que Marilar nos fixo unha visita e aclarou moitos puntos.. je
Crúa realidade a da ETA..oxalá algún día poidamos dicir que vivimos nun país libre do medo e da presión.. nun país libre do terrorismo.

Saúdos e Biquiños!!!

Antia G dixo...

e un libro que me gustou moito, por que trata sobre ETA e sobre todas as cousas que fai esta banda. E ademais a historia contaa unha rapaza que esta relacionada directamente con ETA.

María José Pérez dixo...

Gustoume moito o libro "Rúa Carbón", porque mediante o que lle pasa na actualidade a unha rapaza de 17 anos, coñecemos unha historia do pasado. nesa historia podemos coñecer unha historia amorosa entre persoas de diferente clase social, como alguén pode empezar no grupo terrorista ETA, como unha rapaza pode vivir moitos anos orfa sen coñecer a verdadeira historia da morte de seu pai e cando a empeza a coñecer, vívea no seu propio corpo.

Noemi Iglesias Caamaño dixo...

O libro Rúa Carbón de Marilar Aleixandre pareceume moi entretido pola forma na que conta todos os sucesos que lle ocorren a Paula. A historia desenvólvese nun tempo no que a política tiña moita importancia na vida da protagonista, Paula, unha moza de 17 anos. Os atentados, as persecucións policiais, ETA... chamáronme a atención dende que o empecei a ler, xa que era un tema do que non estaba moi informada e fixo que me interesase en coñecer máis sobre este grupo terrorista.
Recomendo este libro a todas aquelas persoas que queiran enriquecer o seu coñecemento político e social a través dunha lectura.

Judith 1ºbach A dixo...

A miña valoracion do libro é dun sete sobre dez.
Ao comezo da historia só se profundiza no comportamento de Paula e da súa personalidade, para obter a presentacion do seu personaxe como protagonista, aínda que iso fai que o lector se meta na hisoria.
O libro está dividido en tres partes.
Na segunda parte do libro podemos ver máis a "vida da adolescente", Paula, pero é un pouco liosa porque explica situacións que deixa sen resolver.
E na terceira parte, xa podes entender mellor todos os feitos sen sentido e tamén a historia.
O que non me gustou é que aparece moita información en pouco texto, pero aporta datos que eu descoñecía do País Vasco e fan que reflexione sobre unha etapa da historia dese país.