"Chámome Edgar Nau e son descendente por liña directa de Jean François Nau, coñecido como o Olonés, pirata sanguinario que fixo vivir días de horror polos mares e as costas do Caribe no século XVII. Son perfectamente consciente, por suposto, de que esta é unha forma bastante estraña de se presentar, sobre todo vindo dun estudante de Bacharelato normal e corrente, pero é a mellor maneira de entender a aventura que me levou á inmensidade do Atlántico e á experiencia máis desconcertante da miña vida."
Autor:Pau Joan Hernández
3 comentarios:
Na miña opinión, este libro ten un comezo algo aburrido,pero a medida que vai avanzando vai sendo moi interesante, e remata por enganchárte a causa da curiosidade que provoca o non seres capaz de comprender o porqué dalgunhas cousas.
Ademáis é un libro moi didáctico,xa que aprendes bastantes cousas da época do colonialismo, ó mesmo tempo que te sentes nun ámbito actual,no que predomina a comunicación a longa distancia,como é o caso dos amigos virtuais.
Fantástica a información histórica que se mergulle nesta obra. Debo recoñecer que me apaixoou máis a descrición en si da piratería que o conflito situado no tempo presente da novela... volvinme adita á piratería! (do mar eh? xD)
Se vos gustou A TRIPULACIÓN DO PÁNICO recoméndovos PIRATA, un libro que demostra que as mulleres tamén sabemos loitar (en todos os sentidos).
Anne Boney e Mary Read, saúdos!!!xD
"A tripulación do Pánico" de Pau Joan Hernández é un libro realmente excelente. O autor domina dous eixes temporais con gran mestría. Por un lado, consegue que o lector se introduza na historia ó narrar as peripecias de Edgar e compañía no presente, mentres que polo outro, introdúcese no século XVII e cóntanos un pouco da vida de certos piratas, como Barbanegra ou o Olonés. E, ademais, non é nada pesado nin difícil de ler.
Quen esté á busca dun bo libro de piratería, e cunha linguaxe sinxela, debería ler este.
Publicar un comentario