Estamos no ano 1988. Comeza a primeira Intifada en Palestina, mentres en Irlanda do Norte continúa un inmobilismo político que só alenta o extremismo. Malia estar a moitos quilómetros de distancia, un adolescente palestino e outro irlandés levan vidas paralelas. Os dous, un en Nablús e o outro en Derry, implícanse no activismo político e apoian con accións a causa do seu pobo. Os dous, asemade, empezan a descubrir o amor.
Autor: Óscar Losada.
Autor: Óscar Losada.
1 comentario:
O libro gustoume porque conta unha historia que é parte do acontecido en Irlanda na década dos 80 durante os enfrontamentos entre católicos irlandeses e protestantes ingleses. Sobre todo enfrontábanse os adolescentes aínda que cada vez a policía intervén con máis dureza.
Tamén conta o bonito de namorarse aínda que ás veces as situacións que viven non facilitan poder estar xuntos ou ser comprendidos polos amigos...
Publicar un comentario