Clara Soutelo, testemuña involuntaria da descuberta, asume o reto de desvelar o misterio que se agocha tras as dúas preguntas. Unha investigación complexa, que a levará indagar no pasado da súa familia. Moito tempo despois, cando xa é maior, decídese a contar os sucesos daquel verán dos seus dezaseis anos, cando descubriu a plenitude do primeiro amor e mudou para sempre a súa forma de entender a vida.
Autor: Agustín Fernández Paz.
Autor: Agustín Fernández Paz.
5 comentarios:
O libro é interesante e misterioso. Incítache a terminar de lelo e sabe-lo seu final. Recoméndoo a todo o mundo, sobre todo aos xoves, que gozarán con este libro, xa que o seu ambiente e a forma na que está redactada a obra fante imaxinar perfectamente a situación, facendo incluso que che pareza que é real e o sentas tí mesm@.
e haberá algún libro de Agustín que non guste?
o comezo do libro pareciame moi aburrido pero pasados dous capitulos atopeino moi interesante e atractivo e ademais engancha. É un libro moi interesante
o comezo do libro pareciame aburrido pero pasados dous capitulos atopeino moi interesante e atractivo e ademais engancha. É un libro moi inteesante
É un libro que me gustou bastante. Custa comezar a entender a trama ao principio, xa que cambia de narrador en cada capítulo.Por isto, tárdase en engacharse a el nas primeiras páxinas. Amedida que vas lenda máis a intriga fai que se poña interesante.
Deste libro gústanme os personaxes, a súa forma de ser e como se describen na propia historia segundo vas lendo. A situación que viven paréceme atractiva e entretida.
O tema que trata paréceme interesante e considero que fai unha boa crítica a través da novela. A situación dos personaxes intenta transmitir o que está a suceder cos medios de comunicación na actualidade. Intenta concienciar de que todo o que estes mostran non é verdade, ás veces, proxectan só unha parte da verdade para non alterar a poboación ou para controlala máis facilmente. Manteñen á sociedade entretida durante todo o día e así cancelan a nosa capacidade de pensar libremente, influíndonos coas imaxes que mostran.
Publicar un comentario