Ainhoa, Cris, Fran, María e Miguel son cinco universitarios que viven nun piso da rúa Casa Reais na Cidade Vella compostelá e que están a piques de finalizar a carreira, excepto o último ao que lle resta un curso. As diferenzas en canto a madurez ou expectativas non impiden un ambiente de franca camaradería e ansias revolucionarias ás que se lle intúe o final. Este final é en realidade o trasunto da transición da adolescencia á vida adulta, con todos os medos e incertezas que carrexa.
En conxunto, a novela representa unha viaxe ao "modus vivendi" dos estudantes de Santiago e a un período vital imposible de esquecer pero que non volverá. No texto reflíctense os temas que máis preocupan aos mozos como as dificultades de alcanzar a estabilidade afectiva, os problemas da vivenda, do traballo ou a incerteza do futuro.
Autora: Rosa Aneiros.

1 comentario:
A min este libro pareceume en xeral moi interesante.Pero o que mais me fascinou foi a facilidade da autora para facer dun texto tan sinxelo, un relato tan profundo e cheo de distintas "capas".
Publicar un comentario