13 novembro 2008

O concertista de paxaros

Corre o ano 1942. En plena II Guerra Mundial, a aviación xaponesa bombardea e invade Singapur, colonia do Imperio Británico. Un Zin, o axudante de cámara do embaixador inglés, é concertista de paxaros, unha arte chinesa que consiste en dispoñer as gaiolas sabiamente para que os chíos conformen unha sinfonía. Tomado como escravo por un xeneral nipón e amortuxado pola desa- parición da súa familia, o único que o mantén con vida é sandar uns paxaros máxicos que pertenceron ao seu mestre Txanglao. Unha historia tráxica unxida co óleo máxico dos contos orientais.
Autor: Josep Francesc Delgado

1 comentario:

Anónimo dixo...

Gustoume moito e sorprendeume o libro porque a maior parte do libro relata uns feitos tráxicos e violentos, sen embargo e totalmente distinto ao que parece que vai ser.
Conta como un Chinés que pensaba que toda a súa familia morrera, sobrevive durante unha 1º guerra mundial en Melbourne gracias a uns paxaros feridos que coida día día.