06 novembro 2008

O diario vermello de Flanagan

Autores: Andreu Martín e Jauma Ribera.

Animado pola súa amiga -e algo máis que amiga- Carlota, Flanagan empeza a escribir un diario no que recolle as súas primeiras experiencias sexuais, as súas dúbidas e os seus descoñecementos neste ámbito.
Porque falar de sexo é moi importante. Tan importante como saber o que pode representar manter unha vida sexual plena, satisfactoria e responsable.

6 comentarios:

Anónimo dixo...

Non vén mal instruírse un pouco na materia...

Anónimo dixo...

gustaríame que os rapaces leran este libro e non esquezan onde está o punto G feminino ademais dos condóns.

Anónimo dixo...

É o complementario do diario vermello de Carlota.Gustoume moito,pero se lés primeiro o de Carlota ,resúltache monótono,xa que fala dos mesmos temas pero basándose,esta vez,nas experiencisa dun rapaz.

Anónimo dixo...

É un libro moy interesante, sobre todo para as persoas ás que lle interese o tema da sexualidade, xa que trae moita información sobre este tema.
Ademais esa información pódeche axudar no resto da túa vida, penso que é un libro que devería ler todos os rapaces/as para poder estar máis informados

Anónimo dixo...

Narra a historia dun rapaz que coñece a unha rapaza moi peculiar,e os dous empezan a facer un diario sobre o sexo,información de todo tipo , relacionado co tema.
Os dous empezan unha relación na que se ve reflexado o tema que eles mesmos están a tratar.
Axudados por un sexólogo,desenvolven uns diarios sobre o sexo "completos".

É un libro interesante no aprendes moitas cousas sobre o tema e ao mesmo tempo faite reflexionar sobre el.Merece a pena lelo,é un libro o que lle podes sacar moita información ,aunque eso non quere decir que sexa un libro no que se diga todo o que hai que saber sobre o sexo.
ACONSELLO LELO!!!

ana dixo...

Pareceu un libro moi interesante que nos fai reflexionar sobre a situacion do sexo na actualidade, pois o sexo chegase a considerar como un metodo de disfrute que non conleva ningun tipo de sentimentos e que acaba derivando na violencia