18 novembro 2008

O sol do verán

Unha historia de amor e morte, un canto melancólico á beleza, á xuventude e á plenitude da vida e da memoria.





Autor: Carlos Casares

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Nesta obra, dende o meu ignorante punto de vista, Carlos Casares luciuse como escritor.
Poucos autores conseguen introducir os lectores nas súas obras, pero nesta...
Non sei os demais, pero por uns días convertínme completamente en Helena, "Periquita",e Carlos. Vivín as súas trasnadas, os seus amores, as súas amizades...sempre coa paradoxa de querer rematar a historia, pero comezando outra nova.
Agardo que o leades.

BICOS "colegas";0)

Anónimo dixo...

Lin esta historía fai un tempo xa,e o que máis recordo é a sensación que provocou en min.
Ao principio da obra,o suceso do suicidio transtocoume.E coa narración do pasado intercalase no presente,conseguiu que esquecese este acontecemento esperando que realmente nada tivese ocorrido...
Recomendoo xa que aínda que poida parecer extenso, a súa comprensión é moi sinxela e o argumento non resulta cargante,nin denso.

Unknown dixo...

''O Sol do verán'' é un libro que comeza cun suicidio,aparece Carlos na ducha cun disparo na cabeza.
Gustoume que Helena fose contando as historias de verán entre eles ,como se coñeceron,os días nos que Carlos volvía á cada de Beiro e a ilusión que supoñía para Helena...
A parte que máis me gustou foi o final cando conta a historia do namoramento prohibido entre Leopoldo e Carmela,como non,por Mercedes.
Mercedes quería para Carmela un home asentado e con boa situación económica ,pero como soe pasar,Carmela quería a Leopoldo ,estaba encerrada na casa ou na solaina por culpa de Mercedes.
Leopoldo pasaba polo xardín e non podía ir dar un paseo con ela ou falarlle ,sempre Mercedes estaba porfiando en xuntala con Indalecio,un home co que se correspondían os seus ideais .
Tamén me gustou moito cando Helena descubriu as cartas que se mandaban a escondidas Leopoldo e ela.
Síntome moi identificada con este libro,sobre todo coa paisaxe,mentres lía estaba en Castrelo de Miño ,non en Castro de Beiro.
Castrelo aseméllase moito,sobre todo coas paisaxes do río que describe.
O que menos me gustou foron os saltos temporais e que ás veces se paraba moito en detalles supérfluos .
Ó final descóbrense moitos feitos nun período curto e iso tampouco me acabou de convencer.
Gustaríame recomendarlle este libro á xente que lle guste o misterio e as historias de amor .
Creo que Carlos se suicida por non poder acadar nunca o amor pleno con Helena.

Alberto 1A dixo...

Esta novela sorprendeume gratamente. Nela atopase unha pequena recoilación de lembranzas infantís, xuvenís e adultas dos dous protagonistas.
A historia comeza cunha morte terrible: a de Carlos, que era amigo da infancia de Helena; Nese instante, Helena e o seu home foron avisar a seus pais pero durante o traxecto ,trascorre todan a novela. É a historia de dous amigos da infancia que co paso do tempo van descubrindo un amor mutuo que vai máis alá dunha simple amizade.Durante eses veráns xuntos na aldea. Ademais desta vaise filtrando outra pouco a pouco, segredo da nai de Helena e o pai de Carlos.
O final é a parte máis importante porque é onde podemos apreciar que volvemos ao inicio. É a miña parte preferida porque é onde Carlos e Helena se din o que realmente sente un polo outro. Pareceume unha novela amena para calquera lector.