06 novembro 2008

A sombra descalza

Elsa, unha moza de dezaseis anos, vive asfixiada nun ambiente poboado de segredos familiares procedentes dun pasado escuro. A corda tensa dos silencios rómpese cando ela remexe neles, e fai que as voces das mulleres da casa, Amadora, Esperanza e Florinda, caladas durante moito tempo, revelen misterios que atinxen aos homes das súas vidas, Xuliano, Fernando, Bieito e Rafael, nunha tentativa de recuperar a dignidade perdida polas miserias da Guerra Civil. Nesa época quedou ancorada unha presenza ausente, Sagrario, que sen estar, paira pola vivenda como unha sombra descalza.
Autora: An Alfaya

11 comentarios:

iria dixo...

Para min o mellor de este libro é que plasma a situación da posguerra , o machismo que había naquela época e que nunha guerra ninguén gaña.

Elisa dixo...

Este foi un moi bo libro, aparte de que se le moi rápido non só porque é curto senon porque é un libro que engancha dende a primeira folla. Recoméndollo a todo o mundo. Reflíctese entre outras cousas a situación da muller naquela época

Javier dixo...

Aínda que o comezo non me entusiasmou demasiado a seguilo leendo, co paso da lectura, o interés da protagonista por descubrir os misterios da súa familia fai que o libro sexa entretido. Gustoume o libro asique o recomendo , ademáis de que se lee moi rápido.

Sira dixo...

É un libro tráxico que trata sobre o silencio que manteñen as mulleres daquela época.

Gustoume moito e incita a muller a loitar aínda con máis forza polos seus dereitos sen calarse, nin limitarse a ser a sombra do home.

Ana Rodríguez dixo...

Gústoume moito este libro xa que reflexa a situación da muller noutra época na que estaban totalmente dominadas polo home e como agora por exemplo a protegonista, protestalle o seu avó, insistindolle para que lle conte a verdade, algo que fai anos sería impensable.
Ademáis é un libro que polo seu contido engancha dende a primeira páxina, pero ó desenlace, para o meu gusto foi moi rápido, gústaríame que lle dera máis suspense o final.
Recomédollo a todo o mundo.

Ana Rodríguez Novoa dixo...

Elsa, unha moza de 16 anos, decide un verán descubrir os segredos que se agochan na súa familia. Así plántalle cara o seu avó e a súa avoa, e preguntalle porque Sagrario, a irmá de Amadora, nunca sae do seu cuarto e sempre vai descalza.
Tras moitos enfrontamentos, sobretodo co seu avó, ( que “maltrataba” psicolóxicamente a Esperanza, a nai de Elsa, polas suas orixes xa que os seus país loitaran no bando franquista) descobre que Sagrario vai descalza porque cando era moza, roubolle os zapatos a un morto, da guerra civil e a Xuliano esto pareceulle unha profanación á tumba e obligouna a que xamais fora calzada, todo o que lle quedaba de vida tería que ir descalza.
Nesta historia tamén se conta outra segundaria, a de Florinda, a filla de Xuliano e Amadora que tibo que casar obligada polo seu pai, cun home o que non amaba, pero carteabase cun home co que estivera antes de que este tibera que emigrar a Bos Aires, cando o marido de Florinda se entera, botaa da casa, pero Florinda sentese moi relaxada e feliz, porque xa non está cuin home o que non ama.
O final da novela, Xuliano cae moi enfermo, e con Amadora sempre o seu carón, finalmente more.
No funeral cóntalle a Elsa que ela sempre soubo que Xuliano e Sagrario estaban namorados, pero calou e agunatou esa situación pero que agora xa se podía liberar, por tantos anos gardando ese segredo.

Alberto González Blanco dixo...

Este libro fálanos dunha familia na cal vive unha rapaza chamada Elsa. Cóntanos que na súa familia hai moitos segredos e un pasado escuro do que ninguén lle quere dicir nada.Con ela viven os seus pais, os seus avós e unha tia súa chamada Sagrario que vaga pola casa como unha sombra descalza, e unha muller que non fala con ninguén e que pasa o dia pechada no seu cuarto e so sae cando e ora de comer, senta nunha esquina e come as sobras dos demais.Elsa quere saber porque a tratan así e sobre todo porque anda sen zapatos.
Cando Sagrario morre deciden contarlle a Elsa porque vivía así sagrario e cóntanlle que cando fora da época da guerra Sagrario collera uns zapatos dunha morta e que os puxera e por iso o avó Xuliano lle impuxera ese castigo.Xuliano ocultaba unha doenza de corazón e o contar esta historia deulle un ataque que non puido ocultar.Elsa tiña outra tia,Florinda, que casara con Bieito un empresario da zona .Casara obrigada por Xuliano que tiña unha débeda de negocios con el e ofreceulle a filla cando esta estaba namorada doutro home que tivera que emigrar .Florinda vive amargada durante o seu matrimonio pero segue mantendo contacto co seu namorado por medio de cartas.
Elsa unha vez que morreu sagrario quería abrir o seu cuarto para ver o que alí atopaba.Cando o consegue atopase cun cuarto ordenado pero cando se pon a buscar nos caixóns descobre que estaban todos cheos de zapatos novos e que téñena sola media despegada porque era alí onde Sagrario lle gardaba as cartas a Florinda para que Bieito non as descubrise.Esperanza cóntalle a súa filla Esa que seu pai ,Fernando, fora quen lle regalara todos os zapatos xa que lle tiña moito cariño.O final Xuliano morre e aclarase toda a historia, descóbrese que amadora fora quen lle dera os zapatos a sagrario e a obrigara a poñelos e a contar que os roubara a unha morta xa que amadora descubrira que Sagrario e Xuliano tiñan unha aventura.Bieito bota a Florinda da casa xa que descobre que o home do que ela estaba namorada morrera e bótaa ríndose dela.Florinda volve a casa dos seus pais e agora e ela a que segue o papel de sagrario ca mesma roupa e o mesmo xeito de vivir e vaga pola casa coma unha sombra descalza.

Martin Araujo Mosquera dixo...

Este libro adentranos no mais profundo ambiente de posguerra amosandonos o punto de vista dos feitos dende os dous bandos. Ademais tamen nos amosa o crueis que poden chegar a ser os 'castigos' familiares e a importancia que as veces se lle da a feitos que realmente non a teñen.
Por outra banda tamen se desentraman varios segrados familiares de gran relevancia que poñen de manifesto como era a sociedade daquel enton e a sua forma de pensar e actuar.

Laura Valcárcel dixo...

Gustoume moito este libro, principalmente pola historia que conta, pero tamén pola forma na que a autora redacta, facéndoche a lectura máis apetecible e sinxela; e pola brevedade e concretización dos capítulos, os cales non son prolongados excesivamente sen contar a penas nada, senón que esta autora limítase a ir ao gran.
O que nos contou acerca deste libro motivoume dalgunha maneira a lelo; cómo a partir dalgo tan sinxelo inacabado, se pode deixar voar a imaxinación para rematar, neste caso, nun libro xenial, interesante e sobretodo misterioso. A intriga da rapaza ao principio foi o que me deu máis ganas de seguilo lendo ata o final tan sorprendente. Creo que a autora remata o libro dunha maneira precipitada, é dicir, de forma moi rápida, sen embargo non podo dicir que non me gustase esta forma, pois en realidade non había máis que contar.Fíxoseme curto.
O que máis me gustou da historia foi o verdadeiro motivo de Sagrario para andar descalza, aínda que no fondo xa o imaxinaba. Sorprendeume a relación que tiñan Sagrario e a súa sobriña Florinda.
Soupo definir moi ben o carácter e a postura de cada persoaxe.
Ao principio resultoume un pouco aburrido, pero recoñezo que este aburrimento era con razón, pois o verdadeiramente interesante viña ás poucas páxinas, polo que o libro deu un cambio asombroso.
Recoméndolle este libro a todo o mundo, especialmente a aquela xente que non lle gusta demasiado ler pola brevidade e a completa historia que conta á súa vez. E tamén para aqueles que len con gusto calquera libro que lles atraia un mínimo, pois asegúrolles que este lles vai a gustar.

María Álvarez dixo...

Gustoume moito este libro xa que reflexa unha historia moi entrañable. Ten misterio, unha chisca de romance, unha historia fascinante, e o máis importante, trata de feitos históricos.
Ao mesmo que a Laura, a propia An Alfaya animoume a ler este libro, xa que me demostrou como, a través dun feito cotiá, se podía desenvolver unha historia tan boa.
Ao principio, o libro parecíame aburrido, pero se nos deixamos levar polo aburrimento, non lemos ningún libro. Decidín continuar léndoo xa que tiña pinta de que ía ser mellor ao avanzar. E así foi.
Fala de tradicións, de cousas antigas, e outras que permanecen ao longo dos tempos, como é a envexa ou os "castigos", os rancores, etc.
Ao final fíxoseme bastante curto.
Recomendo este libro a todo o mundo, xa que non é difícil de ler e é unha boa historia.

Manuel Araújo dixo...

Este libro ten un comezo que non chama moito a atención pero segun o vas lendo vaiche gustando cada vez máis , e cando chegas ao final quedaste decindo : Xa rematou?
O libro é como unha telenovela xa que conta todo o que ocorre nunha familia pasando por todos os temas; o amor, o querer saber,a desconfianza e incluso a traizón.
Recoméndollo a todo o mundo xa que é moi fácil de ler e esta moi ben.