04 novembro 2008

Tralo último dinosaurio


Tralo último dinosaurio. "Teño que facer público o noso descubrimento, aínda que ninguén me crea, aínda que todo o mundo me tome a chacota. Débollo á memoria de Victor Arias. A obra da súa vida non pode desaparecer para sempre no esquecemento. Cando o coñecín, pouco imaxinaba eu que ese home de aspecto insignificante ía ter unha influencia tan decisiva na miña vida e que gracias a el, ía poder vivir unha aventura fascinante e participar nun descibrimento único e revolucionario". Estas son as palabras do narrador e coprogagonista desta historia e tamén coas que comeza.


Autor: Manuel Alfonseca.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Este libro gustoume moito xa que expresa a compatibilidade que hai entre dúas persoas con varias decadasde diferencia . Ademais na forma que pouco a pouco van facendo descbrimento de fosiles. Para min e un dos mellores libros que levo leido pola sua intriga e a tematica de ciencia-ficción.

Anxo dixo...

Este libro pareceume moi interesante e intrigante a causa de que se simboliza moi ben a destrucción do planeta por man dos seres humanos mediante a extinción dos dinosauros, seres que coma nós, posuían civilizacións e cultura e un afán de dominio que culminou coa súa desaparición, tal e como remataremos facendo se continuamos por este camiño.