Marcos, un mozo a quen o seu pai está a iniciar na escalada, sálvalle a vida a un alpinista suizo nos Picos de Europa; así e todo, o vínculo entre ambos os dous nacera anos atrás, nas misteriosas rexións espirituais do Tíbet. A través das lembranzas de Von Arx, revivimos a súa primeira visita ao país das neves, xa baixo dominio chinés e, sobre todo, logramos afondar na vida dun cativo khampa, tan varudo e tan sólido coma un loto na neve. Esta novela transporta ao lector aos cumios máis altos do mundo e ás fonduras máis íntimas do corazón humano.
Autor: Gonzalo Moure
1 comentario:
Gustoume o libro aínda que algunhas veces perdíame porque conta varias historias á vez:a historia do protagonista na neve con Von Arx e por último a súa vida na actualidade.Recoméndoo a todas as persoas que crean que nese tránsito á morte poden suceder cousas e que tamén podemos resucitar.
Publicar un comentario