05 decembro 2008

Made in Galiza

Un libro que procura a fórmula da liberdade na punta da lingua. Un libro de historias orixinais como cada unha das persoas e dos pobos que coñecemos ou soñamos: únicos. Un libro que conta contigo para ler o mundo con palabras que tamén son túas. Un libro difícil de soñar, como a vida mesma. Contraditorio, inocente, emocionante, creativo, rebelde: un libro Made in Galiza.
Autor: Séchu Sende

4 comentarios:

María dixo...

É unha recopilación de contos de carácter moi lùdico e moi entretido.
Algúns deses contos narran de forma comparativa a realidade que vive o galego fronte o castelán, á situción que vive nos nosos días. Pero tamén conta historias que non teñen nada que ver coa lingua.
É u libro que me gustou e volveria lelo sen dubidalo. Recoméndovolo

MARTIN F.F. dixo...

Na miña opinión é un libro moi entretido posto que fala dos actuais conflictos que hai coa lingua. o libro e interesante porque nos amosa como por unha tonteria se comeza a deixar de lado ao idioma. É un libro que eu recomendo porque te partes moi divertidas, e non so relacionadas coa lingua. Un dos capitulos, onde para min, se amosa mais o conflicto da lingua no noso país e no primeiro.

Sus R. dixo...

Ups! Pensei que xa comentara... que cabeciña a miña... un día tamén se me despegará do pescozo..jejeje
Pois que dicir de MADE IN GALIZA... Séchu é magnífico e, polo tanto, elaborou un libro magnífico cheo de maxia e significado...
Por favor, coidemos a nosa lingua... non deixemos que nos afasten dela... é nosa, somos nós, somos made in Galiza.
Biquiños!!
Bo verán!

Fátima Iglesias dixo...

"Made in Galiza" trata a lingua galega cun agarimo especial nos seus 42 relatos. En cada un deles Séchu Sende reivindica a lingua galega criticando nalgúns deles, coma 'Madrith', a situación sociolingüística próxima ao rexeitamento, pola que está a pasar o noso idioma; noutros, dende a ironia e o humor, fainos concebir o galego como unha lingua que, ao igual que o castelán ou o inglés, é digna de ser usada en calquera ámbito da vida cotiá: político, social, laboral, cultural...

Gustáronme todos os relatos, pero se teño que destacar un deles quédome, sen dúbida, con 'Uf', no que un rapaz só se atreve a dicirlle á camareira do bar que todos os días visita que a quere por medio da frase "Quero te" cando ela lle pregunta que quere tomar. Neste caso "Quero te" adquire o sentido da forma verbal "quérote", noutra lingua non se podería xogar con este dobre sentido porque diretamente non o tería.

Tamén me gustou moito o relato no que un mozo narra en primeira persoa as negativas que recibiu da súa xente achegada e profesores despois de que estas persoas se enterasen de que ía adoptar o galego como lingua de seu. Até a derradeira liña, na que desvela de quen, o mellor dito de que está a falar, todo coincide coa típica historia de amor adolescente da que todos os adultos á nosa idade nos queren librar, mais non, trátase da historia de amor entre un adolescente e a súa lingua.

Todos os demais relatos son fantásticos, a recopilación na súa totalidade e fantástica.

Recomendaríao ler este libro a calquera tipo de lector porque, ademáis de ser un libro que deberiamos ler como galegofalantes que somos ou aínda sen selo, el mesmo se fai ler sen necesidade de que sexa un libro de lectura obrigatoria.