17 febreiro 2009

Chamábase Luís


A historia que se conta nesta novela reflicte a vida dun drogadicto narrada desde os distintos puntos de vista das persoas que o rodean: a súa muller e filla; a súa nai e irmáns; a dona da casa onde traballa a súa nai e os seus fillos. Esta perspectiva múltiple permite entender a tormentosa relación no contorno do protagonista, a dificultade para vivir nese mundo e a sinrazón da droga.

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Esta historia de Marina Mayoral cóntanos a historia dunha familia na cal algúns dos seus integrantes son drogadictos.

Acércanos a vida real e os riscos que as drogas conlevan. Quizáis non é un libro co cal gocemos excesivamente da lectura pero si permite que aumentemos os nosos coñecementos ao respecto.

Aixa dixo...

UNHA VEZ MÁIS ACERCÁMONOS AO MUNDO DESTRUTIVO DAS DROGAS. ORIXINAL POLA MANEIRA DE CONTALO: DISTINTAS VOCES PARA FALAR DO MESMO PERSONAXE. GUSTOUME.

cristian dixo...

Este libro gustoume moito principalmente porque reflicte o mundo das drogas e os problemas que trae estar nese mundo, sobre todo para a familia porque sofre moito vendo os fillos tan mal.
Fan o que sexa para quitalle o mono e velos mellor sen sufrir. Dende roubarlle cousas a familia ata roubar un banco.
O irman de Luis morreu por culpa das drogas e vendo o que lle pasou, Luis non se quitou dese mundo.
O final tamen morreu e parece que lle quitou un peso de enriba a toda a familia.
En conclusion, as drogas so serven para arruinar a vida doque as toma e de toda a familia.

laura dixo...

Marina Mayoral mostranos desde distintos puntos de vista o que é convivir cun drogadito, todas as dificultades polas que ten que pasar el e a xente que o/a quere.
O ser un tema de actualidade, tan real, tan próximo a nós... ¡Encantoume!

lola 1º-a dixo...

libro ambientado na década dos 80 que segue gustando no 2010