16 febreiro 2009

Veleno tinto


Naquela mañá de inverno de 1319, Frei Samuel, o humilde monxe sandador do mosteiro de Toxosoutos, camiñaba cara a Noia cunha dor de frieiras que case o facía chorar. No castelo de don Rui de Soga de Lobeira, agardábao o bispo Berenguel de Landoire coa intención de agradecerlle un impagable servizo que o freire lle ofrecera na súa loita contra os que pretendían apartalo do bispado de Compostela. Mais, a morte dun dos criados de don Rui, envelenado por beber dunha xerra de viño quente, obrigará ao pícaro e intelixente freire a realizar unha concienciuda investigación coa intención de coñecer o motivo e o autor de semellante crime

3 comentarios:

uxia dixo...

Gústoume este libro pola intriga ao longo da historia...ademais apaceren as clases sociais da época con todos os seus defectos e virtudes. Por exemplo o monxe protagonista, sempre se esta a queixar da súa vida.
Recomendo lelo!!

Noemi Iglesias Caamaño dixo...

O libro Veleno Tinto, obra de Ramón Carredano Cobas foi o libro máis entretido que lin ata agora. Ao principio non me chamou moito a atención, pero pouco a pouco foime gustando máis e máis. Dende o principio ate o final desenvolvese nun ambiente de misterio que engaiola a calquera que lle gusten as aventuras e o suspense. En canto se remata un capítulo, queda algún acontecemento sen revolver e síntese a necesidade de empezar o seguinte capítulo. Recomendoo sen dúbida!, ánimadevos a lelo.

Fátima Iglesias dixo...

AS novelas de misterio non eran un xénero do que gustara moito, pero nesta ocasión, con 'Veleno Tinto', gocei da súa lectura. Capítulo a capítulo non deixa de sorprender, o misterio e o suspense que posúe páxina tras páxina engaiólate de maneria que ler un capítulo pídeche ler o seguinte. Recomendo lelo sobre todo a quen, coma min, non lle gustan especialmente as novelas de misterio, xa que dan ganas de ler máis novelas deste tipo.