03 marzo 2009

Morgún

Morgún" é Un relato épico celta enchido de maxia, profecías, vinganzas e destinos de heroes e semideuses. Unha narración que fusiona o relato de aventuras cos dramas shakesperianos e coas traxedias gregas. Unha novela de espada, maxia e bruxería chamada a converterse nun clásico popular da nosa narrativa.

7 comentarios:

Cristina Estévez Glez dixo...

Morgún é unha novela que conta a historia dunha reencarnación,o rei morto do castro de Baroña.
Morgún críase cunha familia ,pero durante 7 anos criouse cunha manada de lobos.
Morgún é a reencarnación do rei,convertido en lobo,máis tarde en muller,con quen ten un fillo co seu medio irmán,chamado Breogán.
Sobre o castro de Baroña,cae unha profecía sobre o fillo do rei,Corrub,que foi quen matou a seu pai,que di:chegará un guerreiro que vingue a morte do rei,que estará reencarnado no propio rei e entrará 3 veces no castro.A terceira vez que entre no castro morrerá.
Morgún e seu irmán ,despois de conquistar numerosos territorios,entran no castro,a segunda vez que entran ,Morgún sae ferido ,pero é curado por un druída.
A terceira vez,Corrub mata a Morgún,pero ,O seu fillo ,Breogán matao a el.
Cando xa estaban saindo do castro ,o fillo menor de Corrub mata "o protexido da sombra",o irmán,e Breogán acaba por matar o fillo de Corrub,e o "protexido da sombra",reencárnase en corvo.

Opinión persoal:
Paréceme unha novela moi bonita,interesante,e de intriga.Creo que pode gustar moito a xuventude,aconsello lela.

Adrián Doval dixo...

Un bó libro para quen lle guste a mitoloxía galega.
Interesoume moito a historia de Morgún; aos seus inicios, sobre todo, parecíase á de Clar Kent na serie Smallville, e, ao final, ten un certo parecido a Hamlet, coa vinganza de Pel de Lobo.

Por suposto, recomendo este libro, tanto para os que lles guste a mitoloxía, como para os que non. É outras das excelentes obras de Suso de Toro.

María Suárez dixo...

Aii pareceume impresionante este libro!
A min polo menos fascíname o tema la mitoloxía galega, todo relacionado ca superstición e estas cousiñas chámame moito a atención
Recomento o libro a quen lle guste a mitoloxía, porque a quen non lle guste, dudo que o libro poida interesarlle

Yosinho dixo...

Este libro gustoume a pesar de que ao principio é un pouco lioso polo exceso de persoaxes.
Recomendolle este libro a xente que lle guste a literatura sobre a mitoloxía Galega,sobre a maxia e sobres os feitos sobrenaturais.

Ana Rodríguez dixo...

Gústoume moito este libro, pola relación ca mitoloxía Galega e os temas ca superstición.
Recomendo este libor a todas o mundo que lle gusten estes temas, ademáis é un libro moi entretido.

Ana Rodríguez dixo...

Gústoume moito este libro, pola relación ca mitoloxía Galega e ca superstición.
Recomendo este libro a todo o mundo que lle gusten estes temas, ademáis é un libro moi entretido.

Paula Sánchez dixo...

Morgún é unha novela épica e fantástica sobre a Lenda de Breogán. Relátanos gran cantidade de aventuras e historias de maxia e supersticións, así como de mitoloxía celta. Fóime moi doada de ler porque enseguida empatizas co meniño encontrado só nas augas máxicas e aínda que dende case o principio coñeces o seu destino non te resistes a que poida cambialo e non acabe en traxedia.