16 xuño 2009

TOPONIMIA


TRABALLO DE TOPONIMIA 1º DE BACHARELATO
OBXECTIVOS:
  1. Facer un traballo de investigación manexando distintas fontes: impresas,dixitais, orais.
  2. Manter un contacto interxeracional coa xente do noso contorno, interesándonos pola nosa cultura, pasado... axudando a manter viva nas xeracións máis novas a nosa lingua.
  3. Intercambiar experiencias cos IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia, Abrente de Ribadavia e San Mamede de Maceda.
CONTIDOS:
  1. Elaboración esquema das poboacións dos concellos que acolle o noso centro.
  2. Estudo comparativo da nomenclatura oficial // popular.
  3. Investigación da microtoponimia (orixe do nome, explicación, relacións...)
  4. Achegamento etimolóxico sempre que sexa posíbel.
  5. Percorrido natural pola nosa microtoponimia.
  6. Elaboración de camisetas con cinco topónimos de cada IES.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Estou moi ledo co voso traballo.Penso que é un gran esforzo pola vosa parte e pola de Xela.Ánimo.
JB.