Autora: Rosa Aneiros
Na “Luzada”, a cafetaría de Patricia, conflúen cada mañá os camiños que transitan os personaxes d’ As de bolboreta. O de Manuel, un neno de orixe africana, a quen lle morreu a súa nai adoptiva, que comparte varias horas do día co seu avó. O de Lola e Eusebio, un matrimonio de persoas maiores que viven soas e deben enfrontar as difíciles decisións que esixen a vellez e a aparición da enfermidade. O de Iqbal, o de Aysel, o dos alpinistas do monte Gurugú. E tamén o de Paco e Adolfo, e o da señora Filomena, e o de Ana, e o de Fiño...
Ningún comentario:
Publicar un comentario