Autora: María Reimóndez
24 febreiro 2010
O Club da calceta
Seis mulleres moi diferentes entre si acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. A través dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta, María Reimóndez dálles voz a estas mulleres que desde as súas diferenzas atopan no valor da unidade a forza para sobrepoñerse a un presente que as nega e as minusvalora. Desde a intriga, cun estilo áxil, que tira do ánimo de quen le de xeito entretido e mesmo producindo hilaridade, a autora do Club da calceta ofrécenos unha novela que, tras a sorpresa que causa, fai emerxer unha profunda reflexión e revisión sobre a condición feminina.
Autora: María Reimóndez
Autora: María Reimóndez
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
8 comentarios:
O club da calceta é un libro que nos descobre as continuas discriminacións que sufren as mulleres de todo tipo de condición na sociedade actual, e fainos ver que aínda que vivamos nunha época "adelantada" algúns ideais retrógrados como o machismo ou a xenofobia seguen perdurando dende fai séculos.
Recomendamos ler este libro se queres descubrir como loitar contra o establecido e gañar aos opresores do sexo feminino!
O club da calceta é un libro que nos fala da vida de seis mulleres moi diferentes entre elas, que coa excusa dun club de calceta aprovietarán para coñecerse mellor a si mesmas e ao resto das súas compañeiras. Detrás da vida de cada muller agóchanse problemas sociais, actuais e de fai tempo que afectan sobre todo ás mulleres como a discriminación, que a sofren tanto por razóns de sexo, físico, discapacidades, razóns sociais ou morais, prexuizos...
Considero que é un libro moi interesante e moi comprometido cos problemas das mulleres
É un libro moi ilustrativo sobre a extensiòn do machismo na sociedade actual. Ademais e deses libros que deixan un bo sabor de boca e que te fan reflexionar profundamente. Ten un final sorprendente e completamente inesperado e realista.
O Club da calceta é un libro pensado para entreter. A súa divertida historia desvela capítulo a capítulo a vida diaria de cinco mulleres moi diferentes entre si pero unidas por algo máis ca unha actividade coma a calceta.
Non é difícil sentirse identificado coa personalidade de todas elas.
Por outra banda, a distribución dos capítulos provoca un continuo interese e dosifica o contido en doces pinguiñas para levarnos ata un final feliz e orixinal.
Neste libro podemos atopar unhas mulleres totalmente diferentes, pero capaces de xuntarse por unha faceta común e así axudarse mutuamente. Temos a posibilidade de coñecer a vida tanto dunha prostituta como dunha beata. Este entrecruzamento de temas son os que fan deste libro unha experiencia de poder ver a vida dende a pel de persoas tan diferentes.
O club da calceta é un libro que mostra moitas realidades a cerca do mundo no que vivimos. Axudoume a comprender que hai que vivir a vida por un mesmo e loitar para educar a sociedade,cambiar as mentes e acadar un mundo menos discriminador. Este relato defende claramente a realización como persoas libres e independentes das mulleres.
Resultou do meu agrado xa que me fixo reflexionar sobre a sociedade actual e conseguiu que me concienciase para intentar acabar co machismo pouco a pouco.
Un detalle que me resultou interesante foi o papel dun home bo,xeneroso e optimista no medio da mala imaxe que dan sobre o xénero masculino.
Penso que a escritora partiu dunha boa idea que soubo desenvolver para que resultase agradable para o lector.
Baixo o meu punto de vista é unha historia entretida e sinxela que recomendo ler.
A nós gustounos moito este libro e dende logo recomendaríamolo xa que a súa historia ensínanos valores tan importantes comocomo son a liberdade da mulller e a superación dos obstáculos que nos pon a vida para atopar a felicidade. Todas as protagonistas a través dun contexto e historia diferente, loitaron contra os estereotipos da sociedade e por aquilo que querían facer e cambiar nas súas vidas.
É un libro para reflexionar e para sacar del unha ensinanza, para estar cada día un pouco máis preto desa ansiada igualdade entre mulleres e homes en todos os ámbitos. Ademais é un libro entretido e certos personaxes teñen unha ironía que en determinantes momentos resulta ata divertida.
É fácil de ler, de comprender e de entrelazar as historias, agás os recortes de notician aínda incomprensibles para nós, aínda que seguiremos insistindo nas posibilidades que nos dan...
O libro "O club da calceta" pareceume moi interesante e fácil de ler, tendo en conta que,xeralmente os libros obrigatorios de galego non me soían gustar.
A razón pola que me parece tan atractivo é que fala de temas moi presentes na actualidade e que nos afectan en moitos aspectos,ademais da intriga que producen os fragmentos das noticias que preceden a cada capítulo, que parecen estar relacionadas cunha forza xusticieira que castiga a homes que tiveron algo que ver co sufrimento ou maltrato dunha muller.É unha novela que mostra o poder das amizades entre mulleres de distintas idades que comparten uns problemas comúns.O único detalle que non me convence do libro é que se estende demasiado nas historias de cada muller facendo algunhas un tanto aburridas.
En conclusión,paréceme un libro interesante e facilmente comprensible que recomendo ler.
Publicar un comentario