Autora: An Alfaya. editorial: Sotelo Blanco.
A lenda da lúa de Montealto é unha reflexión entre o mundo da lóxica e o mundo sobrenatural...
Ambientada nunha Galicia rural a comezos do século XX, a novela céntrase na natureza dun individuo que se altera para se converter nun ser máis próximo ao mundo animal porque ninguén é o que quere ser, senón tan só un monicreque con milleiros de fíos cruzados, se se mete polo medio a caprichosa lúa de Montealto.
5 comentarios:
Gustoume moito este libro porque ademáis de ser curtiño non era moi difícil de ler e cando empezabas a lelo tiñas ganas de seguir ata acabalo. Recomendo que o lean porque ten misterio e intriga. En conclusión gustoume.
Este libro gustoume, porque me enganchou desde o principio e non podia deixar de leer e tamén polos seus misterios, así que recomendo que leades este libro e pasedes un bo momento con el.
O libro da lúa de montealto encantoume xa que mezclaba xéneros de : terror, drama, misterio e maxía. Os recomendo que leaís este libro xa que é moi interesante e a min especialmente me gustou xa que e un libro que é imposible que che aburras con el.(Noemi)
Na miña opinión este libro é moi interesante e intrigante xa que aínda que o comezo poida parecer un tanto difícil de entender, ao longo do libro e finalmente co desenlace, todo o cúmulo de intriga e maxia acumulada devesvélase maxicamente. Podes ordenar os feitos, cheos de enigmas e lendas e gozar cunha historia fantástica.
Gustoume bastante o libro, aínda que ao principio custa entendelo, ata o final do libro no o di entendido de todo. Recoméndollo a toda a xente, é moi bo libro.
Publicar un comentario