12 marzo 2010

O príncipe da brétema

Título: O príncipe da Brétema
Escritor: Carlos Ruiz Zafón
Ilustrador: Tino Gatagán Tradutor: Inés Sixto García Editorial: Rodeira-Grupo Edebé Colección: Periscopio Cidade: A Coruña Ano: 2000 Reedición: 2002 N" páx.: 221 ISBN: 84-8116-327-9
Max trasládase xunto coa súa familia a un pobo da costa para afastarse da guerra. De contado vai descubrir que o seu novo fogar está envolto nun terrible misterio. Coa aparición do Dr. Caín, un diabólico personaxe, comezan a precipitarse os acontecementos.

4 comentarios:

Sira dixo...

É un libro xenial, moi bo.

Ten ese ambiente misterioso, que caracteriza todos os libros de Carlos Ruíz Zafón, que che atrapa e non che deixa cerrar o libro ata que o teñas acabado.

Moi recomendable para todos aqueles a quenes lle guste as tramas de terror, misterio e amor.

Ana Rodríguez dixo...

É xenial este libro.
Engancha desde o principio, e non podes deixar de ler.
Aconselloo a toda-las persoas que lle gusten os libros de misterio.

Sabela dixo...

É un libro espectacular.

A súa atmosfera misteriosa engancha desde o principio da lectura e a medida que avanzas tes ganas de coñecer máis sobre a historia e o seu desenlace.

Cristina Chaos dixo...

Como todos os libros de C.R. Zafón, é un libro fantástico.

Atrápate dende a primeira páxina á ultima. Co misterio de Caín, o amor de Alicia e Ronald/Xacob, a valentía de Max - ó salvarlle a vida a Ronald/Xacob especialmente cando apenas sabía mergullarse -.. Persoalmente, debo dicir que a parte que máis me gustou foi hacia o final. Cando Ronald vai salvar a Alicia, da a súa vida por ela, e despois vése a través de Max como está a súa irmá despois diso.
Ademais, debo dicir que a trama está coidadosamente elaborada, de modo que o lector sempre teña algo novo por descubrir.