Daniel Sieiro, un policía capaz de ver ata debaixo do alcatrán, e o seu axudante Maquieira deben averiguar quen é o autor do truculentos asasinato de Xulio Afonso, un profesor de instituto, no que axiña detectan a existencia de moitos ángulos mortos e detalles, aparentemente insignificantes, tras os que se ocultan segredos, mentiras e unha historia de amor.
Autor: Carlos Freire Cordeiro
Autor: Carlos Freire Cordeiro
2 comentarios:
Este libro pareceume moi interesante polos elementos de intriga que contén e pola cantidade de historias diferentes que se van desenvolvendo ata darnos conta de que todas teñen unha orixe común.
Daniel Sieiro, un policía moi intelixente, intenta resolver dous sanguinarios crimes que parecen ter moitas cousas en común. Coa colaboración do seu axudante, Sieiro aprende que todo se atopa nos pequenos detalles. Así, as resolucións dos casos atopábanse nunha tatuaxe que aparentemente pasaba inapreciada por todos.
O personaxe que máis interesante me pareceu foi o home que ía facendo footing, Xosé Antonio Badosa, que dende o primeiro instante parece ser el o autor do primeiro crime e para a miña sorpresa, resulta que non tiña nada que ver. É un home moi misterioso e pola súa forma de actuar e as súas aficcións, parece que oculta algo.
É unha obra realmente difícil de ler para a miña opinión porque deixa moitas cousas no aire; aspectos que eu consideraba importantes pero que o autor deixa sen resolver para a interpretación do lector.
Este libro mestura o mais profundo dun curioso e mitoloxico caso policial coa axitada vida persoal dun policia.
Ademais este libro fainos pensar que non todo e o que parece xa que, os pequenos detalles e os feitos mais insignificantes poden ser de gran axua e mesmo ser a clave para resolver un caso policial.
Publicar un comentario