A estructura de “Non hai misericordia” xira arredor dalgúns relatos que son o pretexto para que varios contertulios dialoguen nun programa radiofónico sobre o tema da violencia. Esta idea sérvelle ao autor para facer unha recreación paródica do xeito de expresarse que ten cada un dos participantes: un sociólogo, un teólogo, un psicólogo e un asistente social. Unha aposta arriscada e orixinal que procura e merece a complicidade do lector, conquistada cun uso da linguaxe coloquial moi ben dosificado, e que lle abre as portas da literatura ás realidades menos gratas da nosa sociedade.
Autor: Xelís de Toro
1 comentario:
Unha estrutura orixinal, varios relatos, un espello da sociedade, debates, temas polémicos...
Unha mestura moi interesante que invita a ler o libro " Non hai misericordia".
Recomendado para todos aqueles que teñan ganas de pensar e cambiar o mundo, que teñen unha actitude loitadora e inconformista ante o estipulado, que soñan cunha sociedade non opresora!
Publicar un comentario