11 maio 2010

Nova páxina web de Toponimia de Galicia.

A información sobre toponimia nesta nova web, non consiste só nunha simple listaxe de nomes, senón que podemos facer uso de técnicas cartográficas avanzadas, SIGPAC o de Google Earth.
Do traballo que se leva feito ata o momento, despréndese que a densidade media é de 36 topónimos por quilómetro cadrado, sendo a máis elevada ata agora en Cangas (182 topónimos por quilómetro cadrado). O nome que máis se repite, a falta de completar o traballo de campo en todos os concellos de Galicia, é o de A Cortiña, do que xa se levan rexistrados 1.165 casos.
Case 400.000 topónimos que xa se poden consultar na páxina web.

Ningún comentario: