15 outubro 2010

Retornos, unha estrea nas aulas do noso IES


Onte, 14 de outubro, no IES Julio Prieto Nespereira, estendemos a alfombra vermella para a proxección de "Retornos"; unha longametraxe da produtora Vaca Films que non fará a estrea oficial até o 29 deste mes. Na semana que vén tamén se presentará no Festival de Cine de Valladolid.
Contamos co director, Luís Avilés, o protagonista Xavier Estévez e a actriz María Tasende. Un luxo para tod@s nós.
A peli conta a historia de Álvaro (Xavier Estévez), personaxe en desacougo continuo, que tras dez anos de "fuxida" persoal, volve ao enterro de seu pai e ao reencontro coa súa filla e o seu pasado.



2 comentarios:

Nati dixo...

Anda!!! Menudo luxo!!! estes do Julio Prieto Nespereira si que son afortunados!!! Que envexa!! (sa, claro, jajaja)
Xa vexo que non paran os Colegas das Palabras.
Parabéns!!

Anónimo dixo...

WoW!!! Como se extraña iso do insti..jejeje
Grazas Xela por permitirnos disfrutar un pouquiño de tantos personaxes importantes para a nosa cultura...porque polo Prieto Nespereira aínda pasaron uns cantos... :)
Estudade moito Colegas!! E sobre todo...Disfrutade coa lectura!!!
Biquiños dunha amante das letras ;)