19 maio 2011

Amar e outros verbos


Conxunto de vinte e cinco poemas en verso libre titulados con cadanseu verbo, segundo a orde alfabética, que constitúe o punto de partida para o motivo lírico. Ler o libro é viaxar para atoparse a un mesmo, para volver á cerna onde sempre estivemos porque "os poetas escriben / con follas de ouro branco / e ollos de maxia (...) / onde nós só vemos / campo gris e amezante". Por iso esta poesía é como unha praza "onde caben os nenos / que habitan os domingos / e comen chocolate / e rin fóra das sombras".

Ningún comentario: