19 maio 2011

Kafka e a moneca viaxeira

Este libro relátanos a historia de Franz Kafka no seu último ano de vida. Kafka soía pasear polo prque Steglitz, en Berlín. Un día, cando daba o seu paseo rutinario, presenciou desde lexos o choro dunha nena desesperada. Non sabía que facer, pero decidiu achegarse para preguntarlle que lle pasaba. A nena que se chamaba Elsi, díxolle que perdera a súa boneca. Para Franz era unha situación nova e para sacala desa traxedia optou por contarlle que a súa boneca non era unha boneca calquera, senón unha boneca viaxeira. E viaxaba porque quería ser máis independente.

Ningún comentario: