19 maio 2011

O crepúsculo e as formigas

O crepúsculo e as formigas (1961), é a segunda colección de relatos de X.L Méndez Ferrín. Caracterízase pola creación dun ambiente de terror, onde as persoas camiñan coma formigas en fila, movidas por forzas cegas que impoñente un tráxico destino. A brevedade e densidade dos relatos está apoiada polas recorrencias do discurso, que incorpora variados procedementos técnicos: o emprego da estructura epistolar, do monólogo interior, da ruptura temporal, da técnica cinematográfica… O enfoque neboento, difuminado, vertebra as historias deste libro, tal como o propio autor declara ao comezo do libro.

1 comentario:

lucía1A dixo...

Este libro gústoume moito polo seu profundo contido psicolóxico.
O libro esta composto por diferntes relatos nos cales ou o protagonista ten problemas mentais ou na trama aparecen elementos sobrenaturais.
Poderíase decir dil que é un libro verdadeiramente interesante.