25 novembro 2011

Pepa a Loba

O relato Pepa a Loba, de Carlos G. Reigosa, é unha fotografía literaria da muller que ca súa traxectoria vital ten reflectidas moitas das características fundamentais da idiosincracia galega.
A persoa coñecida como Pepa a Loba é, ao marxe doutras consideracións, unha das máis representativas da rebeldía ácrata e, ao tempo, do individualismo do que sempre fixeron gala moitos galegos. Agora, grazas ao traballo dun xornalista da vella escola (a dos que falan das cousas reais), Pepa a Loba ten unha novela biográfica de marcada raigame histórica (Ambientada no s. XIX).

1 comentario:

lucia 1ºBAC dixo...

Pepa a Loba è unha novela que narra a historia dunha muller forte e valente movida pola pureza dun gran amor e dunha irrefreable sede de vinganza ,por quen lle fixo dano aos seus, que a levou a ser unha fuxida das leis e liderar unha gavela.