Autor: Antón Riveiro Coello. Ed. Galaxia.
Guerra Civil e anarquismo nunha novela histórica magnificamente narrada . Unha novela que como di o seu autor "me
permitiu vivir outras vidas".Premio García Barros no ano 2000. As rulas
de Bakunin nace do gromo da sensibilidade dos derrotados e os
perdedores. Antón Riveiro Coello, un dos escritores
galegos
actuais de meirande pulo narrativo, fai con esta novela un acto
restitutorio e tamén de rebeldía. Recuperar a memoria dos heroes
silenciosos que loitaron pola liberdade: velaquí a vida de Camilio Sabio
Doldán, un vello anarquista case centenario que viviu a guerra, o
cárcere e o exilio. O temor intenso das paisaxes do pasado nunha novela
que conmove e impresiona.
Ningún comentario:
Publicar un comentario