Paio ten catorce anos e é moi bo xogando ó
fútbol. As persoas que están a carón do rapaz manteñen discursos
diferentes: o seu pai cre que pode chegar ata o máis alto e facerse rico
e famoso; súa nai, o mesmo que o adestrador do equipo, desexa que Paio
xogue e se divirta sen pensar en condicionantes extradeportivos. E
ademais está Ana, a rapaza coa que anda a vivir unha tenra e emotiva
historia de amor, de quen Paio non ten interese ningún en separarse. O
conflicto xorde cando un equipo dos grandes se interesa seriamente pola
súa fichaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario