09 decembro 2013

Rebeldes

Autora: Susan Eloise Hinton
Ponyboy Curtis é un rapaz de 14 anos, orfo, que vive nunha pequena cidade norteamericana. Xunto aos seus dous irmáns maiores e os seus amigos forman parte dunha cuadrilla vagabunda, os "Greasers", rapaces pobres que viven ao límite da legalidade. Unha noite, Ponyboy discute co seu irmán maior e escápase de casa xunto co seu mellor amigo, Johnny, un rapaz de 16 anos, triste e asustadizo, aínda marcado física e psicoloxicamente pola malleira que lle propinou un grupo de "Socs", cuadrilla rival dos "Greasers", os nenos ricos. Tras un terrible e desafortunado accidente Johnny mata un Soc e deciden fuxir da cidade. Cando todo parecía que podía volver á súa canle, con Ponyboy decidido a regresar e enfrontar a situación co seu irmán, ambos os dous amigos vense envolvidos nunha pelexa que cambiará totalmente as súas vidas e as dos que os rodean

1 comentario:

Laura dixo...

Pareceume un libro moi entretido. Non se decata un de que é un libro que foi escrito no 1967.
Todo o que ocorre no libro é moi verosímil e está todo tan ben arumentado que méteste por completo na historia.
Unha das cousas que máis me gustan deste libro é a xerga que emprega o protagonista, moi actual e xuvenil.
Recoméndoo a persoas que lles gusten as historias dramáticas na que se atopen conflitos de por medio, historias completamente verosímiles e nas que se encontren distintos puntos de vista sobre a vida dos pesonaxes.