O cadáver dunha nena con síndrome de down aparece nos terreos do
edificio Bandeira en Vigo. Para resolver o crime, o inspector Carlos
Manso ten que percorrer os intestinos da delincuencia viguesa e
internacional. A ira dos mansos é unha magnífica novela policial, cun
acusado enfoque social, que propón unha viaxe de superación de moitos
prexuízos, cuestionando a normalidade e a perfección e obrigando á
reflexión. Escrita cun estilo directo, rápido, eficaz, sen adobíos, a
novela apóiase nun gran sentido do humor, ás veces ácido e cínico, e
nunha trama que nos atrapa, e que nos obriga a seguir lendo,
colocándonos contra as cordas á hora de percibir o que é e non é
pertinente dentro das convencións sociais, e poñendo en valor as persoas
que traballan con colectivos con síndrome de down. A ira dos mansos é
unha novela negra cunha historia trepidante que trata sobre a inclusión,
a dignidade e o respecto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario