
Amina vaise vivir a un lugar remoto do que descoñece ata o idioma. Un
día chega ao seu novo colexio e decátase de que todas as nenas visten
coma ela, peitéanse coma ela…, son de súpeto cuspidiñas a ela. A
profesora de inglés fai unha impresionante revelación que Amina vai
descifrando grazas ao debuxos da súa amiga Ío, unha rapaza xordomuda.
Pero Ío desaparece misteriosamente. A lagoa das nenas mudas de Fina
Casalderrey, ilustrado por Patricia Castelao, é o relato da emigración, o
rexeitamento e as dificultades que sofren moitos emigrantes. A amizade
de Amina e Ío amosa que, tantas veces, a posibilidade da comunicación
está por riba das palabras.
Autora: Fina Casalderrey.
Ilustradora: Patricia Castelao.
Editorial Xerais.
1 comentario:
É un libro moi interesante e alegre e conta a vida de unha nena que ven dende África estudar.Gustoume porque ao final solucionan os problemas e non teñen prexuízos cos nenos de distintas cores.
Publicar un comentario