O neno inverno é
a historia dun neno albino, Alberte, que está acostumado a ser diferente e de que isto provoque a mofa por parte dalgún
compañeiro. É consciente das súas
limitacións físicas e do especial coidado que debe pór en cada acción pois é
extremadamente sensible a determinados axentes climatolóxicos, sobre todo a
calor, por iso adora o inverno. Sabedor de todo isto atopa refuxio na
biblioteca onde goza da tranquilidade, do silencio e da maxia da palabra
escrita, ademais de saciar a súa curiosidade á vez que a ansia por aprender.
Aquí, no seu acubillo é feliz ata que un
día aparece Álex, unha compañeira de clase, que lle gusta porque é intelixente,
alegre e ten personalidade. Con ela descubrirá o verdadeiro significado da
palabra amizade, ademais dun máxico poder oculto.
Autora: María canosa.
Ilustradora: María Lires.
Editorial Galaxia, Colección Árbore.
Ningún comentario:
Publicar un comentario