Catro
amigos e unha gran viaxe. Este era o plan de Leo ao rematar os
estudos universitarios. En cambio, todo se esborralla uns meses antes
de partir, cando os seus colegas se botan atrás e Leo debe afrontar
unha decisión transcendental: desistir ela tamén ou marchar soa. A
encrucillada é difícil e as dúbidas afógana, pero a ansia por
coñecer mundo pode máis que todos os medos. Por fin, unha mañá de
xaneiro fai oídos xordos ás advertencias familiares e toma un avión
con destino ao sur. Estará fóra exactamente seis meses, nin día
máis nin día menos. Aquí comeza un periplo cheo de aventuras e de
personaxes fascinantes no que os seus pés a levarán moito máis
lonxe do que nunca imaxinara. Lisboa, Barcelona, Granada, Marrakech,
O Cairo e Istambul serán as primeiras escalas desta apaixonante
viaxe perseguida por unha enigmática pintada que aparece nos lugares
máis insospeitados: Ámote Leo A. Quen estará detrás da misteriosa
mensaxe? Inicia así unha engaiolante triloxía na que Leo
deberá resolver estas e outras incógnitas que lle deparará o
camiño, para descubrir que as cousas non sempre son como as soñamos.
Ás veces resultan moito mellores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario