http://prolingua.gal/voces/orzamentos-de-fomento-da-reducion-da-lingua-galega (Prolingua, 10-11-2017)
Por Cibrán Arxibai Queiruga
(Texto parcial) :
... Hoxe é moito máis difícil vivir en galego que dez anos atrás. Neste
contexto é no que temos que analizar o orzamento da Secretaría Xeral de
Política Lingüística (SXPL) para o ano 2018.
Nun comunicado público, a Consellería de Educación ofrecía información
falsa sobre eses presupostos xa que falaba dun incremento de "preto do
15%" . A partida do 2017 foi de 6.819.086 €, a prevista para 2018 é de
7.623.085 €. O incremento exacto é dun 11,79%. Postos a redondear sen
engano, deberíase dicir que o incremento andaba preto do 12%. Con todo,
isto parece un importante aumento porcentual se non fose que nos estamos
movendo dentro dos valores máis baixos de toda a serie orzamentaria do
século XXI. Para recuperar as cotas presupostarias de hai dez anos, a
SXPL debería ter incrementado o seu orzamento, non nun 12%, senón nun
378%. A relevancia da normalización lingüística no organigrama da Xunta
será no 2018 case catro veces inferior á que tiña no ano 2008....
Ningún comentario:
Publicar un comentario