APEGO: Apego vai dirixido a vós, ás familias que vos estades a preparar para a
chegada dun novo membro e tamén ás que tedes nenos e nenas ata 6 anos.
Queremos axudar á socialización en galego e propoñervos o uso da lingua
galega para crear vínculos coa familia, para asentar o arraigo a esta
terra, porque a lingua que mamamos, na que aprendemos a falar, vai ser a
base da identidade futura do voso fillo ou da vosa filla. A lingua de
cada pobo é un tesouro irrepetible e tamén é a cerna que lle permite
existir e descubrir o mundo. Únete a nós no Apego, porque cremos no noso
futuro
Ningún comentario:
Publicar un comentario