Compartimos Plan (v.o) from Compartimos Plan on Vimeo.
Compartimos Plan é a estratexia para elaborar, de maneira participativa,
un estudo de diagnose e plan de acción das políticas de promoción da
igualdade entre mulleres e homes e de prevención da violencia contra a muller
na provincia da Coruña.
Non o dubides! Se formas parte dunha asociación que avoga pola
igualdade, se es persoal técnico dalgún concello da provincia da Coruña,
ou simplemente tes conciencia de non violencia sexista, tes que participar. Ti es
axente chave deste proxecto.
Cada aportación é importante, a túa opinión conta! Comparte para crear sinerxias, xerar confianza e engadir valor.
Síntete parte!
Nós xa estamos compartindo, e ti?
Ningún comentario:
Publicar un comentario