As cantantes Pilocha, Ugia Pedreira, Silvia Penide, Uxía, Sonia
Lebedynski, Belén Tajes, Carmen Rey e Alba Rodríguez estiveron, o día 24 de novembro, no
escenario do Teatro Colón da Coruña no espectáculo Hemisferios
impulsado pola área de Cultura da Deputación da Coruña. O espectáculo
nace dunha acción reivindicativa cunha canción interpretada por 8
mulleres arredor do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, e
preséntase como un concerto único este venres, véspera do Día
Internacional contra a Violencia Machista. Cada artista interpretará
unha canción do seu repertorio e xuntas cantarán o tema Hemisferios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario