Stou feliz O Sonoro Maxín
http://osonoromaxin.com/
O Sonoro Maxín xuntouse por primeira vez na
primavera de 2007. Hai xa dez anos. Naquel tempo, comezaron a asubiar as cancións que máis tarde os nosos pés botarían a bailar nuns ritmos que non coñecían,
nos nosos soños apareceron xentes que nunca antes viramos. En
abril de 2017, presentaron unha chea de cancións que falan dun lugar da súa vida que leva o teu nome, baila coma ti e canta coma ti cantas.
Nas súas palabras: "O 7 e o 17 son dous números importantes para
nós". Tamén son dous números primos. Os números primos distribúense,
entre o grupo de números naturais, dun xeito que non somos capaces de
percibir. Son cifras singulares que non se deixan dividir por calquera.
O 7 e o 17 son os días de feira en Ourense. Ao
redor da praza de Abastos, agrúpanse, nunha distribución que semella
aleatoria, o rianxo, postos de roupa, música, ferramentas, libros,
calzado, remedios naturais, queixos, complementos… Todo o que che
cómpre!
As músicas de “sete dezasete” nacen deste caos organizado, desta feira cambiante que non somos quen de ordenar completamente.
Cada día na nosa cabeza,
nos nosos pés,
no noso corazón,
na nosa vida
imaxinamos o xeito de darlle forma a tremendo desorde.
nos nosos pés,
no noso corazón,
na nosa vida
imaxinamos o xeito de darlle forma a tremendo desorde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario